Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Miguel Vaquer

Modelo:BiografíaMiguel Vaquer
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1923 Editar o valor en Wikidata
Felanitx, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de marzo de 2015 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Procurador nas Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Gobernador civil da provincia da Coruña
Gobernador civil da provincia de Palencia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, rexistrador da propiedade Editar o valor en Wikidata
Premios

Arquivo Histórico de Deputados: 117450


Miguel Vaquer Salort, nado en Felanitx o 28 de agosto de 1923 e finado en Madrid o 1 de marzo de 2015, foi un rexistrador da propiedade e político español, que ocupou a gobernación civil da Coruña durante o franquismo.

Traxectoria

Formado no exército, aprobou oposicións a rexistrador da propiedade. En 1967 foi designado procurador en Cortes e foi nomeado gobernador civil da provincia de Palencia, cargo que ocupou ata 1972. Nese momento, en outubro, é trasladado como gobernador civil á Coruña, e permaneceu no cargo ata agosto de 1976. Durante o seu mandato como gobernador civil da Coruña tivo lugar o accidente de Montrove e o embarrancamento do Urquiola. Durante unha visita de Francisco Franco á Coruña, e no marco dun festival de baile, mandou interpretar o Himno galego[1].

Durante a democracia exerceu como rexistrador da propiedade e o seu último destino antes de xubilarse foi Orihuela. Foi vogal da Fundación Barceló.

Galardóns

  • Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
  • Gran Cruz da Orde do Mérito Naval.

Notas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya