Michael McIntyre
Michael Hazen James McIntyre , nado o 21 de febreiro de 1976, é un cómico, actor e presentador de televisión británico. En 2012, foi o comediante máis taquilleiro do mundo.[1] CarreiraEn teatros e locais de concertosO 20 de abril de 2013, McIntyre presentou o show de comedia máis grande de África para 9.000 fans en Johannesburgo. En 2015, McIntyre fixo unha xira polo Reino Unido e Irlanda coa súa xira "Happy & Glorious". En febreiro de 2016, fixo unha xira por Noruega e en outubro dese ano levouna a Australia. En 2018 converteuse no artista máis vendido da historia do O2 Arena, vendendo máis de 400.000 entradas en 28 espectáculos, o que superou o récord anterior de Take That.[2] Radio e televisiónAos 13 anos foi a súa primeira aparición na BBC, facendo unha pregunta desde o público ao grupo pop Five Star. En 2009, apareceu no programa Top Gear. Ademais da stand-up comedy (espectáculo de pé), McIntyre presentou o seu propio programa cómico na BBC One, Michael McIntyre, Comedy Roadshow, presentou tres episodios de Live at the Apollo e, en 2011, foi xuíz en Britain's Got Talent con David Hasselhoff e Amanda Holden, substituíndo a Piers Morgan e Simon Cowell. McIntyre anunciou que deixaría o programa despois de aparecer nunha serie.[3] En 2010 e 2014, McIntyre organizou a Royal Variety Performance na canle ITV.[4] Xa tiña actuado anteriormente no programa dúas veces: en 2006 e 2008. Na década de 2020 presenta a súa propia serie os sábados pola noite, Michael McIntyre's Big Show na BBC One. Na radio apareceu en programas da BBC Radio, na BBC Radio 2, BBC 6 Music, BBC Radio 1 e BBC Radio 4, en programas como Heresy, 4 Stands Up, Happy Mondays, The Unbelievable Truth e Desert Island Records.[5] Obra publicadaEn 2010, McIntyre publicou a súa autobiografía, "Life and Laughing: My Story".[6] Premios
Vida persoalMcIntyre reside en Hampstead, Londres, coa súa muller aromaterapeuta, Kitty, filla do falecido actor Simon Ward e a irmá da actriz Sophie Ward.[7] A parella ten dous fillos, Lucas e Oscar.[8] Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|