Matilde Felpeto
Matilde Felpeto Lagoa, nada na Queira (Cervás, Ares) en novembro de 1947, é unha escritora galega especializada en libros de gastronomía. TraxectoriaLicenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa traxectoria profesional como funcionaria no Instituto Nacional do Libro Español (INLE), en Madrid. Encargada da redacción dos primeiros catálogos de libros escritos en galego publicados polo INLE. Pide a excedencia como funcionaria para dedicarse ó ensino. Exerceu como profesora de bacharelato e impartiu clases de Lingua e Literatura Españolas en cidades como Madrid, Ponteareas e Vigo. Estudosa da gastronomía tradicional e popular galega. Como autora, tense dedicado ao estudo e investigación sobre a tradición gastronómica galega. É autora de varios volumes de libros de culinaria nos que se ocupa de localizar as receitas e os ingredientes que as compoñen na historia e na tradición e tamén como foi a súa evolución, tanto por razóns históricas como tecnolóxicas. Escribe en galego e en castelán. Obra
NotasVéxase taménBibliografía
|