Maria Ubach Font
Maria Ubach Font, nada na Massana o 14 de xuño de 1973, é unha diplomática e política andorrana, ministra de asuntos exteriores desde xullo de 2017.[1][2] TraxectoriaEn 1998 obtivo unha licenciatura en ciencias económicas na Universidade de Tolosa II-Lle Mirail e un máster en relacións internacionais na Universidade de París I Panthéon-Sorbonne.[3] En 1998 iniciou a súa carreira no Ministerio de Asuntos Exteriores de Andorra como técnica. Até 2001 foi representante permanente adxunta ante o Consello de Europa en Estrasburgo. Entre 2001 e 2006 foi secretaria primeira na embaixada de Andorra en Francia e delegada permanente adxunta ante a UNESCO. Até 2011 foi directora de asuntos multilaterais e cooperación do ministerio.[3][1] Entre outubro de 2011 e xuño de 2015 foi embaixadora en Francia e Portugal (residindo en París), ademais de ser delegada permanente ante a UNESCO e representante ante o Consello Permanente da Francofonía.[1] Entre 2015 e 2017 foi embaixadora ante Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Alemaña e a Unión Europea, residindo en Bruxelas.[2] En xullo de 2017 asumiu a fronte do ministerio de asuntos exteriores, encabezando as negociacións para un acordo de asociación entre Andorra e a Unión Europea.[2] Notas
|