Mareas en Común
Mareas en Común foi un proceso de confluencia política entre candidaturas locais de toda Galicia nacidas antes das eleccións municipais do 2015. O proceso iniciouse o 16 de xaneiro do 2016, na Estrada, onde se congregaron ata 38 candidaturas de diferentes denominacións e formatos (agrupacións de electores, partidos instrumentais, partidos locais) que se autoreferenciaban como espazos cidadáns abertos diferentes ás alternativas políticas clásicas ata o momento. Durante os meses de xaneiro a xuño do 2016 os encontros das "mareas" sucedéronse ao longo do país (Ourense, Lugo, Marín, Pobra do Caramiñal, Pontevedra, etc.) tentando artellar unha rede de movementos locais que facilitase o nacemento dun espazo común onde tivesen cabida tamén as organizacións políticas que apoiaban en moitos concellos estas candidaturas (Anova, Esquerda Unida e Podemos, principalmente). O 5 de xullo os alcaldes da Coruña (Xulio Ferreiro), Compostela (Martiño Noriega) e Ferrol (Jorge Suárez) lanzaban un manifesto chamando á confluencia das partes implicadas. Como resultado, o 30 de xullo, no auditorio Mar de Vigo celebrábase o primeiro plenario do que se daría en chamar En Marea, que se constituía desde ese momento como partido instrumental. Logo da ruptura de En Marea con Podemos e Esquerda Unida, Mareas en Común é unha marca que emprega a coalición En Común nas súas candidaturas[1]. En Marea pretendeu impedir o emprego desa denominación alegando posible confusión, mais a Xunta Electoral denegou esa pretensión.[2] Notas
Véxase taménOutros artigos |