Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Mainstream

Mainstream é un anglicismo empregado para designar o pensamento da maioría, e a súa tradución literal é corrente principal. Así e todo, máis lonxe da definición, mainstream é considerado un concepto cultural, artístico e musical. Así, a música, arte, cinema e demais cultura mainstream é aquela que conta con grandes medios para a súa produción e comercialización, e que chegan facilmente ao público. Un bo exemplo do mainstream é a cultura pop, producida principalmente para a súa comercialización e en moitos casos co obxectivo primeiro a obtención de beneficios lucrativos. Tamén pode ser empregado o termo mainstream para se referir ás obras artísticas pouco innovadoras ou que non aportan nada novo. O antónimo de mainstream sería o termo underground.

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya