Linux Professional Institute![]() O Linux Professional Institute é unha organización sen ánimo de lucro constituída en outubro de 1999, coa súa sede cerca de Toronto (Canadá). Está recoñecida como a primeira organización en impulsar e apoialo uso de Linux, código aberto e software libre. Certificacións LPI ou LPICAs certificacións LPI, ou en inglés, LPI Certifications (LPIC) deseñáronse para certificala capacitación dos profesionais das Tecnoloxías da Información usando o sistema operativo Linux e as ferramentas asociadas a este sistema. Deseñouse para ser independente da distribución e segue a Linux Standard Base e outros estándares relacionados. O programa LPI baséase na realización de enquisas para establecer un nivel de certificación baseado no posto de traballo a desempeñar utilizando procesos de psicometría para garantila relevancia e a calidade da certificación. Profesional Junior de Linux ou LPIC-1
Profesional de Ubuntu, Ubuntu Certified Professional
Profesional Avanzado de Linux ou LPIC-2
Profesional Sénior e especialista de Linux LPIC-3
Material de Estudo aprobadosLPI aprobou diverso material de estudo Linux Approved Training Material ou LATM para as súas certificacións: Outras certificaciónsExisten outras certificacións Linux que se centran en distribucións particulares, mentres que LPI é agnóstica á distribución. A continuación citamos algunhas:
Véxase taménLigazóns externas |