Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Limoada

Limoada
 Subclase de
Ingredientes
 Ingredientes
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata ] C:Commons ]

A limoada[1] é unha bebida de elaboración polo xeral caseira, a base de limón, auga e azucre, que pode ter ou non contido alcohólico. Nalgunhas linguas, como o alemán, chámase tamén limoada a calquera bebida refrescante non alcohólica, como as gasosas.

Receita

Unha receita dos Estados Unidos e do Canadá[2] (dous dos maiores consumidores desta bebida) mencionan que se debe mesturar a mesma cantidade en volume de limón que de azucre e débese engadir auga catro veces o volume de limón ou de azucre vertido. O certo é que non hai medidas absolutas e as proporcións quedan en mans do gusto de cada quen.

Existen receitas que engaden a estes ingredientes básicos froitas como plátanos ou laranxas, froitas secas, como figos ou pasas e engaden especias como canela ou cravo deixando repousar a mestura varios días. Existen ingredientes alcohólicos como certos viños, pero neste caso a limoada perde o seu carácter e convértese máis en sangría. Se se mestura con ron conséguese o mojito cubano.

Un vaso de limoada.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para limoada.
  2. "History of Lemonade". Buzzle. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya