Letargo![]() En medicina, o letargo, ou letarxia, é un estado de somnolencia prolongada causada por certas enfermidades.[1][2] EtimoloxíaÉ un termo da linguaxe científica tirado do latín científico lethargia, que á súa vez tomou do grego antigo λήθαργια lēthargia, voz formada polos elementos leth- e -argia, de λήθη lḗthē, "esquecemento", e αργíα argía, "repouso", "pereza", "inacción", "inercia", respectivamente.[3] CaracterísticasO letargo é ademais síntoma de varias enfermidades nerviosas, infecciosas o tóxicas, caracterizado por un estado de somnolencia profunda e prolongada. Torpeza, modorra, insensibilidade, enaxenamento do ánimo relacionados con dito estado como comportamentos asociados xa que o organismo relaxa todo o corpo.[4][5] É un cadro clínico relacionado coa fatiga ou astenia e en, casos graves á narcolepsia. Pode ir acompañado de depresión, diminución da motivación ou apatía.[4][5] Outras causasO letargo pode ser unha resposta normal a un sono inadecuado, a un exceso de esforzo ou de traballo, ao estrés, á falta de exercicio, á nutrición inadecuada, ou ao aburrimento. Tamén pode ser un efecto secundario da medicación, ou ser causado por unha interacción entre medicamentos e alcohol. Cando forma parte dunha resposta normal, o letargo adoita resolverse co descanso, o sono adecuado, a diminución do estrés, o exercicio físico e unha boa nutrición.[4][5] En zooloxíaEn zooloxía é como se denomina un tipo especial de hibernación,[1][2] característico dalgúns mamíferos alpinos das zonas polares, como a marmota, os osos ou o leirón, e que tamén experimentan algúns insectos no seu cliclo vital.[6] O letargo representa unha forma especial de hibernación, e implica unha suspensión da facultade de termorregulación.[6] Nos insectosNos insectos o letargo é produto dunha adaptación da especie a condicións de alimentación ou temperatura adversas, ou para sincronizaren a aparición dos adultos de toda a poboación, o que favorece a coincidencia dos sexos.[7][8] Os seus factores causantes ou determinantes son ben específicos.[9] Notas
Véxase taménOutros artigos
|