José Luis Modrego
José Luis Modrego Casalots, chamado Popocho Modrego,[1] nado o 27 de outubro de 1962 en Barcelona, é un ex xogador profesional de baloncesto e na actualidade Orientador escolar na cidade de Vigo. Cunha altura de 1,83 m, xogaba na posición de base. TraxectoriaNado en Barcelona, formouse nas categorías inferiores do Joventut Badalona. Chegou a Obradoiro no ano 1981 na tempada que Obradoiro ascendeu a máxima categoría e permaneceu no Obradoiro tres tempadas Xogou na 1ª división e na segunda categoría co Obradoiro e posteriormente co Caixa Ourense Baloncesto dende 1984 ata 1988. De novo regresou ao Obradoiro CAB na 1ª División B, disputando con este equipo a fase de ascenso en 1990 á Liga ACB fronte ao Júver Murcia, que se saldou con derrota dos santiagueses pero que foi recorrida á xustiza por aliñación indebida. Modrego seguiu unha tempada máis co Obradoiro en 1ª B para despois regresar ao Coren Ourense, co que disputou dúas tempadas na Liga ACB.[2] Clubs
Notas
Véxase taménLigazóns externas
|