Jason Rich
Jason Rich, nado o 8 de maio de 1986 en Pensacola, Florida, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Traxectoria profesionalRich xogou na Universidade de Florida State, e tras graduarse foise a Italia a xogar no Pallacanestro Cantù.[1] Despois xogou en Israel para o Maccabi Haifa BC[2] e o Hapoel Jerusalem BC.[3] Tras media tempada en Bélxica co BC Oostende,[4] o 31 de xaneiro de 2013 volveu a Italia para xogar no Vanoli Cremona ata final de tempada.[5] Tras un ano en Rusia no Enisey Krasnoyarsk,[6] Rich regresou ó Vanoli Cremona, co que asinou un acordo por un ano.[7] En outubro de 2014, Rich asinou co Élan Chalon.[8] O 1 de xullo de 2017, Rich asinou co Sidigas Avellino da Lega Basket Serie A italiana.[9] O 17 de outubro de 2018, Rich asinou co Beşiktaş turco.[10] O 24 de outubro de 2019, asinou unha tempada co Gaziantep Basketbol da Basketbol Süper Ligi turca.[11] O 29 de xuño de 2020, Rich asinou co Pallacanestro Varese da Lega Basket Serie A italiana,[12] pero o 9 de xullo de 2020 decidiu non unirse ó Varese e anunciou a súa retirada.[13] Notas
Véxase taménLigazóns externas
|