How to Destroy Angels
How to Destroy Angels é unha banda de post-industrial estadounidense composta polo líder de Nine Inch Nails Trent Reznor, a súa muller Mariqueen Maandig e Atticus Ross. Rob Sheridan é o director artístico do grupo. O seu nome está sacado dun sinxelo da banda Coil aparecido en 1984. HistoriaA primeira edición da banda foi un EP de 6 temas, How to Destroy Angels, editado o 1 de xuño do 2010 de xeito gratuíto a través da súa web. Do EP sacouse o sinxelo "A Drowning", e unha segunda canción, "The Space in Between", estreouse como vídeo en Pitchfork o día 14 de maio. O vídeo foi dirixido por Rupert Sanders, e ámbalas dúas cancións foron lanzadas como arquivos de son multipista. Un terceiro tema, "The Believers", estivo dispoñible a través da aplicación para o iPad da revista Wired, xunto cunha análise da canción, e tamén como descarga gratuíta a través da páxina oficial. Segundo dixo Trent Reznor nunha entrevista en Times Talk no ano 2011, a banda está traballando nun novo EP. Falando do seu son comentou que sería máis rítmico, distinto ao do primeiro e afirmou que aparecería ao longo do 2011, posiblemente de cara ao verán. DiscografíaÁlbums de estudio
EPs
Véxase taménLigazóns externas
|