Highly Eccentric Orbiting Satellite![]() Highly Eccentric Orbiting Satellite 1 e 2, ou abreviadamente HEOS 1 e 2 foron dous satélites artificiais da axencia europea ESRO lanzadas o 5 de decembro de 1968 e o 31 de xaneiro de 1972 mediante un foguete Delta E1 e un foguete Delta L respectivamente.[1][2] CaracterísticasA misión dos dous satélites era estudar os campos magnéticos interplanetarios, os raios cósmicos, o vento solar e a magnetosfera terrestre. Cada satélite tiña algúns obxectivos propios. Os dous tiñan forma de cilindro, unha masa de pouco máis de 100 kg e estabilizábanse mediante xiro.[2][1] HEOS 1 foi inxectado nunha órbita de 6804 km de perixeo e 227.099 km de apoxeo. Funcionou sen problemas durante 16 meses ata que un problema no equipamento de a bordo dificultou o seu control de actitude. En 1974 a súa telemetría reducírase ao 50% do tempo potencial durante o que podería funcionar o satélite e só funcionaba o experimento de medicións de campos magnéticos. Reentrou na atmosfera terrestre o 28 de outubro de 1975.[2][1] HEOS 2 tiña unha órbita inicial de 397 km de perixeo e 245.098 km de apoxeo. Funcionou ben ata a súa reentrada atmosférica, o 5 de agosto de 1974.[2][1] InstrumentosHEOS 1 e 2 levaban un conxunto lixeiramente distinto de instrumentos a bordo:[2][1] HEOS 1
HEOS 2
NotasVéxase taménOutros artigos |