High Energy Transient Explorer 2
High Energy Transient Experiment 2 ou HETE 2 foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 9 de outubro de 2000 mediante un foguete Pegasus H desde Kwajalein.[1][2][4][5] CaracterísticasA misión de HETE 2, liderada polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, foi estudar os gromos de raios gamma en lonxitudes de onda de raios gamma, raios X e ultravioleta, levando a cabo a misión que HETE 1 non puido ao fallar o foguete lanzador.[1][2][4][5] O observatorio tiña tres instrumentos:[1][2][4][5]
O observatorio observaba o ceo enteiro en busca de gromos de raios gamma, sendo capaz de detectar a posición de gromo e transmitila a terra en menos de dez segundos, así como estudar a distribución e intensidade dos gromos en varias enerxías e outros fenómenos enerxéticos.[1][2][4][5] HETE 2 tiña forma de cubo rectangular de aproximadamente 1,0 x 0,5 x 0,5 m e 124 kg de masa, con catro paneis solares saíndo da base. As comunicacións tiñan lugar en banda S para a comunicación co observatorio e VHF para a transmisión dos datos de localización de gromos.[1][2][4][5] Notas
Véxase tamén
Outros artigos |