HTTP 404![]() HTTP 404, 404 not found, 404, 404 error, page not found ou file not found é unha mensaxe de erro do código estándar de resposta do protocolo HTTP[1] que indica que o cliente se puido comunicar co servidor pero que este non foi capaz de atopar o que se buscaba. Un erro 404 indica que o recurso buscado, xeralmente unha páxina web, pode estar dispoñible no futuro. O erro tamén pode aparecer cando un servidor non quere revelar se ten a información solicitada.[2] A liña de texto asociada con este erro é "Non atopado". Os erros 404 non se deben confundir con erros de DNS, que aparecen cando a URL apunta cara a un servidor web que non existe. Códigos de erro 404 de subestado do Microsoft Internet ServerO software de servidor web desenvolvido por Microsoft, Microsoft's Internet Information Services (IIS), devolve un conxunto de códigos de subestado xunto coas súas respostas 404. Estes códigos de subestado teñen a forma de números decimais anexados ao código de estado 404. Os códigos de subestado non están oficialmente recoñecidos pola IANA e non son devoltos por servidores que non sexan de Microsoft. Códigos de subestadoOs servidores Microsoft IIS 7.0, IIS 7.5 e IIS 8.0 definen os seguintes códigos de subestado HTTP para indicar unha causa máis específica dun erro 404:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|