Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Gran río artificial

Gran río artificial
 Instancia de
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 25°27′20″N 21°36′03″L / 25.455555555556, 21.600833333333
Wikidata ] C:Commons ]

O Gran río artificial (en árabe النهر الصناعي العظيم, al-Nehr al-Ṣnā‘ī al-‘Ẓīm) é unha rede de tubaxes, pozos e depósitos de auga construídos no deserto do Sáhara en Libia, que se alimenta das augas fósiles do Sistema de acuíferos do Arenito Nubio. A auga utilízase para a subministración a cidades e para a rega agrícola. É o proxecto de irrigación máis grande do mundo.[1]

Consta dunha extensa rede de tubaxes enterradas de 2.820 km de longo,[2] acuedutos, pozos e depósitos. Consta de máis de 1.300 pozos, a maioría de máis de 500 m de profundidade, e produce 6.500.000 m3 de auga doce ao día para fornecer as cidades de Trípoli, Bengasi, Sirte e moitas outras. Iniciouse a súa construción en tempos do líder libio Muammar al-Gaddafi.[3]

Historia

Transporte de seccións de tubos durante a construción do proxecto.
Imaxe con cores falsas do proxecto de depósito de Gran Omar Muktar ao sur de Bengasi. A vexetación aparece en vermello, as estruturas urbanas en gris, o terreo árido en beixe, e os depósitos de auga en azul escuro (na parte superior dereita e na inferior).

En 1953, os intentos por atopar petróleo no sur de Libia levaron ao descubrimento colateral de grandes cantidades de auga doce subterránea. O proxecto do gran río artificial concibiuse máis tarde, na década de 1960, e os traballos no mesmo comezaron en 1984. A construción do proxecto foi dividida en cinco fases. A primeira fase necesitou que se escavasen 85 millóns de m3 e foi inaugurada en 1991. A segunda fase (denominada Primeira auga para Trípoli) inaugurouse en 1996.

O proxecto estaba a cargo da Autoridade do Proxecto do Gran Río Artificial e foi financiado polo goberno de Muammar al-Gaddafi. O primeiro contratista foi o Dong Ah Consortium e despois a Al Nahr Company Ltd. Os materiais necesarios procedían de Corea e da propia Libia, e posteriormente o aceiro para os tubos era de procedencia italiana.

O custo previsto total do proxecto era duns 25 mil millóns de dólares, financiados con recursos libios.[4] Desde 1990 a UNESCO proporcionou adestramento para enxeñeiros e técnicos implicados no proxecto.

O acuífero fósil do que se extrae a auga é o acuífero do arenito nubio. A súa auga acumulouse fundamentalmente durante a última era glacial, pero co clima actual non se recarga. O proxecto xerou certa controversia. Se a taxa de extracción de auga de 2007 non se incrementa, as súas reservas de auga poderían durar mil anos segundo algunhas estimacións.[5][6] Porén, outras estimacións independentes indican que o acuífero podería quedar esgotado en só de 60 a 100 anos.[7] Algúns analistas indicaron que custo do proxecto era un 10% inferior ao de obter esa auga por desalinización de auga de mar.[8]

Durante a guerra civil libia de 2011, na que foi derrocado Muammar al-Gadaffi, a planta de Brega, que era unha das que fabricaba tubaxes para o proxecto, foi bombardeada pola OTAN, alegando que albergaba material militar.[9]

Datas das primeiras subministracións de auga

[10]

Notas

  1. Guinness World Records 2008 Book. ISBN 978-1-904994-18-3
  2. Keys, D., 2011, Libya Tale of Two Fundamentally Different Cities, BBC Knowledge Asia Edition, Vol.3 Issue 7
  3. "Water-Technology". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2020. Consultado o 06 de maio de 2015. 
  4. Scholl, Adam. "Map Room: Hidden Waters". World Policy Journal. Arquivado dende o orixinal o 30-10-2021. Consultado o 06-05-2015. 
  5. Artigo de Saudi Aramco Arquivado 05 de agosto de 2014 en Wayback Machine. 06-05-2015
  6. UN Environment Program
  7. Libya's Qaddafi taps 'fossil water' to irrigate desert farms - CSMonitor.com
  8. Colonel Qaddafi and the Great Man-made River – Water Matters - State of the Planet
  9. Missy Ryan, Giles Elgoodl, Tim Pearce (22 July 2013). "Libya says six killed in airstrike near Brega". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 06 de maio de 2015. 
  10. http://earth-chronicles.ru/news/2012-05-17-22874

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya