Git |
---|

|

|
Instancia de | distributed revision control system (en) , ferramenta para ciência aberta (pt) , ferramenta de programação (pt) e filestore (en)  |
---|
Influído por | CVS (pt) e BitKeeper (pt)  |
---|
Obra derivada | GitHub, TortoiseGit (pt) , GitLab, Gogs e Gitea  |
---|
Uso | control de versións  |
---|
Medio usado | Git Wire Protocol, version 1 (en) , Git Wire Protocol, version 2 (en) , Git Dumb HTTP (en) , Git Dumb HTTP over TLS (en) , Git Smart HTTP (en) , Git Smart HTTP over TLS (en) e changeset (en)  |
---|
Licenza | GNU GPL 2.0  |
---|
|
|
|
|
Sistema operativo | multiplataforma, GNU/Linux, BSD, sistemas operativos Mac, Microsoft Windows e Unix-like  |
---|
Linguaxe de programación | C, Perl, TCL, Python e Rust  |
---|
|
Publicación | 2005  |
---|
Creación | 8 de abril de 2005  |
---|
|
Fundador/a | Linus Torvalds  |
---|
Deseñador/a | Linus Torvalds  |
---|
Desenvolvedor | Software Freedom Conservancy (en) , Linus Torvalds e Junio Hamano (pt)  |
---|
Creador/a | Linus Torvalds  |
---|
|
Páxina WEB | git-scm.com  |
---|
Redes |  |
---|
Repositorio | git.kernel.org… e git.kernel.org…  |
---|
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Git é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas persoas.
Emprégase máis para o desenvolvemento de software,[1] pero úsase para xestionar traballos sobre calquera tipo de ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído orientado á ser rápido,[2] manter a integridade dos datos,[3] e soportar modelos de traballo distribuídos e non lineais[4].
Git creouno Linus Torvalds en 2005, pensando no desenvolvemento do kernel de Linux, e coa axuda no inicio doutros desenvolvedores do kernel[5]. O actual administrador de git é Junio Hamano.
Como todos os sistemas de control de versións distribuídos, e ao contrario dos sistemas cliente-servidor, cada cartafol de git
de cada nó[6] é un repositorio co historial ao completo, cheo de capacidades de trazado de versións e independente do acceso a unha rede ou un servidor central[7].
Ao igual que o kernel de Linux, Git é software libre. Distribúese baixo os termos da GNU General Public License versión 2.[8][9]
Notas
- ↑ Scopatz, Anthony; Huff, Kathryn D. (2015). Effective Computation in Physics. O'Reilly Media, Inc. p. 351. ISBN 9781491901595. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
- ↑ Torvalds, Linus (7 de abril de 2005). "Re: Kernel SCM saga..". "Así que estou a escribir scripts para seguir os cambios das cousas moito máis rápido."
- ↑ Torvalds, Linus (10 de xuño de 2007). "Re: fatal: serious inflate inconsistency".
- ↑ Linus Torvalds (3 de maio de 2007). "Relatorio de Google tech: Linus Torvalds sobre git". Escena en 02:30. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
- ↑ "A Short History of Git". Pro Git (2nd ed.). Apress. 2014. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
- ↑ Cada un dos puntos, ou réplicas, dun mesmo proxecto xestionado co sistema de control de versións. Isto é, a "copia" local sobre da que traballa unha persoa soa e fai cambios ao seu gusto.
- ↑ Chacon, Scott (24 de decembro de 2014). Pro Git (2nd ed.). Nova York, NY: Apress. pp. 29–30. ISBN 978-1-4842-0077-3.
- ↑ "Git's GPL license at github.com". github.com. 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 October 2014.
- ↑ "Licenza LGPL de Git en github.com". github.com. 20 de maio de 2011. Consultado o 6 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
Outros artigos