Getting Away with Murder
Getting Away with Murder é o cuarto álbum da banda estadounidense de hard rock Papa Roach, publicado o 31 de agosto do 2004 a través do selo Geffen Records. Trátase do seu primeiro disco no que non teñen o típico son nu metal os seus anteriores traballos, e o primeiro no que o seu vocalista Jacoby Shaddix non rapea ao cantar. Foi certificado platino nos Estados Unidos e no ano 2010 vendera máis de 2,8 millóns e unidades. Foi tamén o seu primeiro álbum con Geffen Records, despois de que o seu anterior selo, DreamWorks Records, fose vendido a Geffen. En xaneiro do 2007 o traballo foi certificado ouro no Canadá, tras vender máis de 50.000 copias nese país. O disco chegou ao número 17 da lista Billboard 200. A canción "Blood (Empty Promises)" apareceu na banda sonora do filme Saw II, e "Getting Away with Murder" está noscréditos finais da película The Chronicles of Riddick e na intro do videoxogo Mechassault 2: Lone Wolf. O tema "Not Listening" foi usado no trailer de Resident Evil: Apocalypse e aparece tamén nos videoxogos NASCAR 2005, Gran Turismo 4 e FlatOut 2 Listaxe de canciónsTódolos temas escritos e compostos por Jacoby Shaddix e Tobin Esperance, agás onde se indique.
Cancións extra
Listaxe orixinal
|