Galsoft Linux
Galsoft Linux é unha distribución de GNU/Linux baseado en Lubuntu que ofrece un sistema GNU/Linux executable dende o medio de instalación e instalable, especialmente optimizado para desenvolverse eficazmente en equipos con poucos recursos de hardware. Galsoft Linux está pensado para equipos portátiles e netbooks con baixos recursos de hardware e 512Mb o 1Gb de ram funcionando con moita rapidez[1]. HistoriaOrixeNo verán de 2012, a raíz do proxecto Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, un grupo de mozos galegos decidiu realizar unha distribución propia de Linux, lixeira, rápida e con todas as aplicacións que se usan no día a día. O resultado foi unha distribución Linux personalizada con Lubuntu con todos os drivers e aplicacións máis usadas dispoñibles como base e que corre en calquera tipo de equipo rápido e sen problemas. A finais de agosto de 2012 o grupo Galsoft comezou a traballar na personalización e creación dunha distribución propia de Linux, e a principios de setembro lanzouse a Galsoft Linux 1.0. Debido ás suxestións dos usuarios decidiuse incluír algunhas aplicacións adicionais non incluídas na versión inicial e soporte para reprodución de vídeos e arquivos multimedia, soporte para Java e Flash nos navegadores incluídos Mozilla Firefox e Chromium e outras melloras que se incluíron na nova versión Galsoft Linux 1.1. DesenvolvementoDurante o proceso de desenvolvemento, procurouse combinar un núcleo o máis lixeiro posible, ferramentas de baixos requisitos coas máximas prestacións posibles, un escritorio esteticamente amigable e uns requisitos de hardware e consumo mínimos. Así mesmo, buscouse que o sistema tivese as traducións ao castelán e o galego completas. Galsoft Linux introduciu a posibilidade de traballar co formato ODF mediante a última versión de AbiWord. Para a xestión de fiestras utilizouse LXDE, e Krusader para a xestión de ficheiros e o escritorio. Ademais, moitas das ferramentas utilizadas tiñan as traducións ao castelán e o galego incompletas ─especialmente as deste último─, e tamén había bastantes aplicacións que non estaban nin tan sequera internacionalizadas ─non se podían traducir─, polo que durante o desenvolvemento do sistema tamén se realizaron intensos traballos de internacionalización e localización. Entre as funcionalidades de Galsoft Linus cómpre salientar a escolla do galego como lingua por defecto no arranque livedvd e na instalación no disco duro. MotivaciónA motivación para o desenvolvemento desta distribución foi que os estudantes e mozos en xeral poidan dispoñer unha distribución Linux lixeira que se poida usar en calquera PC e coas aplicacións máis usadas incluídas. InstalaciónComo case calquera distribución de GNU/Linux, Galsoft Linux pode executarse dende o propio medio de instalación como Live DVD, ou instalarse no disco duro. O medio de instalación pode ser un DVD ou un dispositivo USB. Asemade, existen imaxes VDI para utilizar a distribución nunha máquina virtual de VirtualBox. NotasVéxase taménLigazóns externas |