Gagnef
Gagnef é un municipio sueco (kommun) do condado de Dalarna.[1] A súa capital é Djurås. Os ríos Västerdal e Österdal conflúen no concello para formar o río Dal. No mes de decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación 10 384 habitantes.[2] No concello os ríos Österdalälven e Västerdalälven únense para formar o río Dal. Durante o desxeo da primavera e as choivas do outono, o río Västerdalälven adoita experimentar fortes inundacións, que tiveron efectos significativos na paisaxe. Ao redor do río hai outeiros cubertos de morena e bosque. A actividade económica local está dominada por pequenas e medianas empresas, principalmente dentro da industria forestal. Os desprazamentos para traballar nos municipios veciños aumentaron, principalmente cara Borlänge, ao redor do 40 por cento das persoas asalariadas do municipio traballan noutros concellos. Historia administrativaA área do concello correspóndese coa das parroquias de Floda e Gagnefs. Nelas fundáronse coa reforma municipal de 1862 municipios rurais co mesmo nome. A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona. O concello de Gagnef fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir dos concellos rurais de Floda e Gagnef.[3] Dende a súa fundación ata o 1 de setembro de 2001 o municipio pertenceu ao partido xudicial de Leksand, e dende entón pertence ao de Falu.[4] XeografíaO concello de Gagnef atopase no condado de Dalarna e limita ao norte co municipio de Leksand, ao leste co de Borlänge, ao sur co de Ludvika, e ao oeste co de Vansbro, todos eles en Dalarna. Notas
|