Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Freebase

Freebase

Instancia debase de datos en liña, wiki semántica, grafo de coñecemento, repositorio de datos, disciplina académica, especialidade e campo de estudo Editar o valor en Wikidata
Usocolaboración, modelización científica e anotación Editar o valor en Wikidata
Medio usadoMetaweb Query Language Editar o valor en Wikidata
Licenzalicenza Apache Editar o valor en Wikidata
Produción
FabricanteMetaweb Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Creaciónmarzo de 2007 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aMetaweb Editar o valor en Wikidata
ColecciónSocial Sciences and Humanities Open Marketplace e Text Analysis Portal for Research Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
RedesTwitter: fbase Editar o valor en Wikidata
Repositoriogithub.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais.[1] O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo. Desenvolveuna a compañía de software estadounidense Metaweb e botou a funcionar en marzo de 2007. Porén, o 16 de xullo de 2010 foi adquirida por Google.[2] O proxecto Knowledge Graph de Google comezou a funcionar en parte grazas a Freebase.[3]

Os datos de Freebase estaban dispoñíbeis para uso comercial e non comercial baixo a licenza Creative Commons, abríndose tamén un API e un RDF para programadores.

O 16 de decembro de 2014, Knowledge Graph anunciou que pecharía Freebase nos vindeiros seis meses e que axudaría a trasladar os datos a Wikidata.[4] Dende marzo de 2015, os datos de Freebase son só de lectura e non admiten a incorporación de nova información. O 16 de decembro de 2015, Google anunciou oficialmente que Knowledge Graph API substituiría a Freebase API e finalmente freebase.com desapareceu oficialmente o 2 de maio de 2016.[5]

Notas

  1. Markoff, John. "Freebase&action=edit". The New York Times. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  2. Menzel, Jack. Blog oficial de Google, ed. "Deeper Understanding with Metaweb". Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  3. Singhal, Amit. Blog oficial de Google, ed. "Introducing the Knowledge Graph: Things, Not Strings". Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  4. Google Plus (ed.). "Freebase". Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  5. "So long and thanks for all the data!". 2 de maio de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya