Free European Song ContestO Festival de Europa Libre (en inglés Free European Song Contest) é un festival da canción televisado, creado en 2020 por Stefan Raab e organizado pola canle de televisión alemá ProSieben e pola produtora Brainpool (despois da cancelación de Eurovisión 2020 pola pandemia da COVID-19 en Europa). O festival será de carácter anual como Eurovisión, despois do éxito da primeira edición. RegrasAs regras son as mesmas que en Eurovisión. A única diferenza é que os artistas deben ter algunha relación coa cultura alemá (semellante ao Festival de Turkvisión onde tes que ser un país turco ou unha rexión de fala turca). Países participantesPoden participar calquera dos países participantes en Eurovisión. Polo momento, 16 países participaron no festival.
Galicia en EurovisiónPolo momento, ningún galego participou no Festival da Canción de Europa Libre. GañadoresO único gañador é Nico Santos que representou a España coa súa canción «Like I Love You» na primeira edición. Seguido por Ilse DeLange de Países Baixos e pola Lúa grazas a Max Mutzke como Der Astronaut (en galego o Astronauta).
Países gañadoresO único país gañador é España grazas a Nico Santos na primeira edición. Seguido polos Países Baixos e pola Lúa.
Véxase taménOutros artigos
Ligazóns externas
|