Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

FreeBSD

FreeBSD
 Instancia de
 Baseado en
 Versións
14.2 versión estábel (3 de decembro de 2024)
11.4 versión estábel (16 de xuño de 2020)
12.2 versión estábel (27 de outubro de 2020)
12.1 versión estábel (4 de novembro de 2019)
12.0 versión estábel (11 de decembro de 2018)
11.3 versión estábel (9 de xullo de 2019)
11.2 versión estábel (21 de xuño de 2018)
13.0 versión estábel (13 de abril de 2021)
12.4 versión estábel (5 de decembro de 2022)
14.1 versión estábel (4 de xuño de 2024)
13.1 versión estábel (16 de maio de 2022)
14.0 versión estábel (14 de novembro de 2023)
13.2 versión estábel (11 de abril de 2023)
10.3 versión estábel (4 de abril de 2016)
11.0 versión estábel (10 de outubro de 2016)
9.1 versión estábel (30 de decembro de 2012)
8.4 versión estábel (7 de xuño de 2013)
9.2 versión estábel (30 de setembro de 2013)
14.3 versión estábel (10 de xuño de 2025)
13.3 legacy version (en) Traducir (5 de marzo de 2024)
13.4 legacy version (en) Traducir (13 de setembro de 2024)
13.5 legacy version (en) Traducir (7 de marzo de 2025)
1.0 (1 de novembro de 1993)
2.2.0 (16 de marzo de 1997)
2.2.8 (29 de novembro de 1998)
9.3 (15 de xullo de 2014)
9.3
10.1 (14 de novembro de 2014)
10.0 (20 de xaneiro de 2014)
2.2.9 (1 de abril de 2006)
10.2 (13 de agosto de 2015) Editar o valor en Wikidata
Características
Datas e localizacións
 Publicación
1 de novembro de 1993 Editar o valor en Wikidata
 Creación
1 de novembro de 1993 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Manual
 Repositorio
Wikidata ] C:Commons ]

FreeBSD é un sistema operativo libre para ordenadores con soporte de múltiples arquitecturas (alpha, amd64, ARM, x86, IA-64, MIPS, PC-98, Power PC, sparc). FreeBSD baséase en BSD 4.4 de Computer Systems Research Group (CSRG) da University of California, Berkeley seguindo a tradición que distingue o desenvolvemento dos sistemas BSD. Ademais do bo traballo realizado polo CSRG, o proxecto FreeBSD investiu miles de horas en axustar o sistema para ofrecer as máximas prestacións en situacións de carga real. Distribúese baixo licenza BSD.

Características

FreeBSD é un sistema operativo multiusuario, multitarefa con apropiación, inspirado na variante 4.4 BSD-Lite de UNIX. Aínda que FreeBSD non pode ser propiamente chamado UNIX, ao non ter adquirido a debida licenza de The Open Group, FreeBSD está feito para ser compatible coa norma POSIX, ó igual que varios outros sistemas "clones de UNIX". O sistema FreeBSD inclúe o kernel, a estrutura de ficheiros do sistema, librerías da API de C, e algunhas utilidades básicas.

Distribución

Os instaladores, código fonte e paquetes do sistema operativo FreeBSD distribúense de maneira gratuíta ao público, en forma de ficheiros dispoñibles nos servidores FTP a través da web. Tamén é posible compralos en forma de CD-ROMs ou DVDs nalgúns distribuidores, principalmente nos Estados Unidos.

Cota de mercado dos S.O. BSD

Instalación

A instalación do sistema FreeBSD pode ser iniciada de dúas formas. A máis común é a utilización dun CD-ROM ou DVD auto-arrancable, que carga unha versión abreviada do sistema operativo e un instalador con interface textual (Console User Interface) chamada sysinstall.

Tamén é posible iniciar a instalación do sistema utilizando un xogo de 2 ou 3 disquetes (en función da versión que se desexa instalar), que arrancan o ordenador co xa mencionado sistema FreeBSD abreviado, e levan a mesma utilidade sysinstall. A utilidade sysinstall é a encargada de instalar realmente o sistema operativo, e posúe varias alternativas. A saber, instalar o sistema utilizando os datos dispoñibles nun dispositivo de almacenamento local (CD-ROM, DVD, directorio nun sistema de arquivos FAT etc.), ou obténdoos desde un sitio remoto a través dun protocolo de transferencia de ficheiros (HTTP, FTP, NFS etc.).

Ao igual que para Linux, unha parte importante da instalación céntrase no particionamento do disco duro, pois o sistema FreeBSD utiliza un sistema de ficheiros particular (chamado ás veces UFS), diferente do utilizado polos sistemas Windows, ou Linux.

Ports

Os Ports, é un "sistema de instalación" de paquetes práctico e eficiente utilizado polo FreeBSD. Consiste nunha estrutura de directorios, os cales posúen ficheiros (Makefiles) que especifican todos os requisitos da instalación, como se debe compilar o código fonte, e o necesario instalar os ficheiros binarios creados dun determinado paquete no sistema. Isto funciona de forma practicamente automática, ou con pouca intervención do usuario.

O soporte de Ports é enorme, tendo actualmente máis de 14.500 paquetes, raramente é necesario que teñas que descargar un programa que necesites xa que o traerá incluído.

Os ficheiros binarios sen compilar dos Ports son chamados "paquetes" e están dispoñibles para descargar. Aínda que poden ser instalados automaticamente; sabéndose o nome do paquete e pasando este como parámetro ao comando "pkg_add -r" pódese instalar manualmente.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya