Francesco Masala
Francesco Masala, nado en Nughedu San Nicolò o 17 de setembro de 1916 e finado en Cagliari o 23 de xaneiro de 2007 foi un poeta e ensaísta sardo en lingua italiana e sarda. TraxectoriaEstudou en Ozieri e Sassari. Gradouse en filosofía e letras na Universidade La Sapienza de Roma coa tese Il Teatro di Luigi Pirandello con Natalino Sapegno como relator. Como poeta, en 1951 recibiu o Premio Grazia Deledda, e en 1956 o Premio Chianciano por Pane nero. En 1962 publicou Quelli dalle labbra bianche, co editor Giangiacomo Feltrinelli, e en 1981 a antoloxía bilingüe Poesias in duas limbas con Vanni Scheiwiller. A súa obra máis coñecida é Quelli dalle labbra bianche, que en 1999 tivo unha adptación cinematográfica dirixida por Piero Livi. Foi presidente da comisión do Premio literario en sardo Città di Ozieri, e en 1978 do Comitadu prol sa limba, que foi promotor da Proposta de Lei de Iniciativa Popular polo Bilingüismo Perfecto en Sardeña, a partir da cal xurdiu a Lei da Rexión Autónoma de Sardeña o 17 de outubro de 1997. Nos eidos cultural e político mantivo importantes vínculos con persoeiros do talle de Emilio Lussu, Aldo Capitini, Giuseppe Dessì ou Salvatore Cambosu. Obra[1]
Notas
Véxase taménBibliografía
Ligazóns externas
|