Fouce e martelo
A fouce e martelo (☭) é un símbolo historicamente empregado para representar ós traballadores, e de xeito máis particular e estendido ó comunismo e ós partidos políticos comunistas. HistoriaDeseño e simbolismoO deseño presenta unha fouce sobreposta a un martelo, de forma que semellan cruzados ou entrelazados. As dúas ferramentas simbolizan, respectivamente, o proletariado industrial e o campesiñado; as dúas clases cuxa alianza é considerada fundamental polos marxistas-leninistas para o triunfo da revolución socialista. Primeiros usosO uso das dúas ferramentas para simbolizar os traballadores foi empregado décadas antes da Revolución de Outubro, por exemplo en moedas chilenas da última década do século XIX e primeira década do XX.[1] O emblema é máis coñecido por ter sido incorporado á bandeira vermella da URSS, así como a cada unha das súas repúblicas constituíntes, cabo da estrela vermella. Uso soviético e rusoDende 1917, coa Revolución Rusa, a fouce e martelo (en ruso, серп и молот, serp i molot) tornouse un dos símbolos da República Socialista Soviética Federada de Rusia (RSFSR). Inicialmente, era utilizada tan só no escudo da república, xa que a unión entre obreiros e campesiños fora declarada a base do Estado, e nos símbolos do Exército Vermello (creado no 1918). Máis tarde, foi incorporado á bandeira da Unión Soviética, adoptada en 1923 e oficializada na Constitución Soviética de 1924, así como nas bandeiras das repúblicas soviéticas a partir de 1924. Antes diso, as bandeiras das repúblicas soviéticas xeralmente eran vermellas, co nome da respectiva república escrito en dourado , tal como estabelecía a Constitución Soviética de 1918.
Os partidos comunistas afiliados ó Komintern e ó Kominform (que seguían a orientación de Moscova), e aínda os que se aliñaban a Pequín após o cisma sino-soviético, tenden a empregar a fouce e martelo ou emblemas similares nas súas simboloxías. Mentres, até mesmo partidos comunistas opostos tanto ás directrices da Unión Soviética como da China empregaban a fouce e martelo como símbolo (a pesar de, por veces, faceren leves modificacións estilísticas no deseño). Así, a fouce e martelo tornouse símbolo universal do comunismo, independentemente da orientación da tendencia ideolóxica Partidos políticosEn diversos países do mundo, a fouce e martelo é de uso exclusivo dos partidos políticos comunistas, adoptado pola inmensa maioría deles. Aínda que tamén algúns partidos comunistas abandonaron ou nunca utilizaron este símbolo. Outros símbolos similares![]() ![]() Algúns símbolos comunistas gardan semellanza estilística ou formal coa fouce e martelo, sen necesariamente representar unha fouce e un martelo. Exemplos disto aparecen na bandeira de Angola, no logotipo do Partido Comunista Português, do Partido Comunista dos EEUU, e nalgunhas representacións do logo da central sindical británica Transport and General Workers Union. Outras variacións sobre o mesmo tema de ferramentas cruzadas inclúen o símbolo do Partido dos Traballadores Coreanos (martelo, pincel e fouce), o antigo símbolo do Partido Laborista Británico (espada, pa e aixada), e o símbolo da picaraña e fusil da Albania comunista. As correntes ideolóxicas trotskistas, principalmente as organizadas sobre a IV Internacional, utilizan unha versión invertida da fouce e martelo. O escudo de Austria mostra unha aguia apreixando unha fouce nunha garra e un martelo na outra, sen cruzalos. A pesar de non teren ningunha relación co comunismo, o deseño fíxose para representar obreiros e campesiños, as dúas principais clases sociais na sociedade austríaca na época da súa concepción. No Unicode, o símbolo "fouce e martelo" obtense polo código U+262D (☭). Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|