Final Destination
Final Destination é un filme estadounidense de terror dirixido por James Wong que se estreou no 2000. O guión foi escrito por Glen Morgan, Wong e Jeffrey Reddick, e baséase nunha historia de Reddick. O filme está protagonizado por Devon Sawa, Ali Larter, Kerr Smith e Tony Todd. Sawa interpreta un adolescente que "evita á morte" despois de ter unha visión de si mesmo e os seus amigos perecendo nunha explosión no avión. A premonición sálvao a el e a outros pasaxeiros, pero continúan a ser perseguidos pola Morte, a cal reclama as vidas que ían perder no avión. SinopseUn estudante ten unha premonición antes de subirse ó avión no que se dispón a ir a París cos seus compañeiros. Presentindo que algo grave vai pasar, el e os seus amigos desembarcan antes da engalaxe. Efectivamente, o avión sofre un tráxico accidente, e os mozos pensan que se libraron dunha morte segura grazas á premonición do seu amigo. Mais a morte perségueos para tomar as vidas que lle deben. Personaxes
NotasVéxase taménLigazóns externas
|