Fernando Chenard Piña
Fernando Chenard Piña, nado na Habana o 4 de febreiro de 1919 e finado en Santiago de Cuba o 26 de xullo de 1953, foi un fotógrafo e revolucionario cubano de orixe galega. En 1953 participou no asalto ao cuartel Moncada. Cando este fracasou, Fidel Castro mandoulle levar a orde de retirada a Abel Santamaría, pero no camiño foi detido, torturado e asasinado. TraxectoriaNaceu na Habana, fillo dunha emigrante galega, de Tui.[1] Marchou pronto da casa e comezou a traballar como fotógrafo. Pronto organizou un sindicato de comercio de víveres e comezou a militar no partido Unión Revolucionaria Comunista, máis tarde chamado Partido Socialista Popular. Exerceu o periodismo como director, administrador, reporteiro e redactor de El Dependiente, órgano do sindicato, do que foi secretario xeral até 1944, cando abandona o sindicato máis o partido.[2] En 1948 uniuse ao Partido Ortodoxo e, tras o suicidio de Eduardo Chibás uniuse a Fidel Castro nas súas denuncias de corrupción do goberno de Prío Socarrás. O 10 de marzo de 1952, Fulgencio Batista deu un golpe de Estado e ese mesmo día Chenard Piña foi detido xunto a outros "ortodoxos" na casa de Roberto Agramonte e conducido ao Buró de Investigacións.[3] Como fotógrafo adicouse a documentar a represión do goberno ditatorial de Batista, destacando os seus traballos para a revista Bohemia até que vendeu o seu equipo fotográfico para conseguir fondos para o Movemento do 26 de xullo.[2] Morte no MoncadaO 25 de xullo de 1953 reúnese na granxa Siboney cos combatentes que, baixo o liderado de Fidel Castro, se preparaban para o asalto ao cuartel Moncada a mañá seguinte. Foi asignado ao destacamento que tiña como obxectivo entrar no Moncada pola posta 3. Tras o tiroteo e o fracaso da operación, Castro enviouno coa orde de retirada para ser entregada no hospital ao grupo de Abel Santamaría e no Palacio de Xustiza ao de Raúl Castro, pero antes de chegar foi detido, torturado e asasinado polo exército cubano.[2][4] Notas
|