Extracto de Literatura
Extracto de Literatura foi un semanario que se publicou en Pontevedra en 1893, aínda que o 5º número editouse en Santiago (de 4 de febreiro), sendo impreso na compostelá Imprenta de José M. Paredes. Historia e característicasSubtitulado Semanario dosimétrico ylustrado, apareceu o 7 de xaneiro de 1893. Foi fundado e dirixido por Enrique Labarta Pose, aínda que nos últimos números o director pasou a ser Torcuato Ulloa[1] e Xerardo Álvarez Limeses era o redactor xefe. Dedicada fundamentalmente á literatura, presentaba un ton humorístico con traballos de carácter xocoso de Alberto García Ferreiro, Emilio Álvarez Giménez e Heliodoro Fernández Gastañaduy. Tamén publicaba outro tipo de contidos nas seccións "Crónica de la semana", "Semblanzas" e nas publicacións de variedades. Entre os seus colaboradores estaban Ramón María del Valle-Inclán, Juan Barcia Caballero, Xoán Neira Cancela, Aureliano Pereira, Wenceslao Veiga, Juan Manuel Paz Novoa, Moisés González Besada, Xosé Pérez Ballesteros, Nicolás Taboada Fernández, Urbano González, Adolfo Mosquera, Heraclio Pérez Placer e Benigno López Sanmartín. Cesou a súa publicación en outubro dese ano. Galería de imaxesNotas
Véxase tamén
Bibliografía
|