Explorer 21
Explorer 21, tamén coñecido como IMP-B ou IMP-2 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform B ou 2), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 4 de outubro de 1964 mediante un foguete Delta C desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6][7][8] CaracterísticasExplorer 21 foi lanzado coa misión de estudar o medio interplanetario no relativo ós campos magnéticos, as partículas enerxéticas, os raios cósmicos e os plasmas. A alimentación eléctrica do satélite era proporcionada por paneis solares e baterías. A telemetría emitíase en refachos de 81,9 segundos de duración, contendo 795 bits de datos. Tras tres secuencias de datos transmitíanse 81,9 segundos de datos analóxicos do magnetómetro de vapor de rubidio.[2][5][6] A nave foi inserida nunha órbita cun apoxeo moito menor (menos da metade) do esperado, limitando a utilidade dos datos que recolleu. Funcionou sen problemas durante os primeiros meses e logo intermitentemente ata o 13 de outubro de 1965 en que se perdeu todo contacto. IMP-B foi inxectado nunha órbita inicial de 95.590 km de apoxeo e 191 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 33,53 graos e un período de 2097,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de xaneiro de 1966.[1][3][6] Notas
Véxase tamén
Outros artigos |