O obxectivo de Explorer 11 foi detectar raios gamma de orixe astronómico, en especial os provenientes do plano galáctico, do centro da Galaxia, do Sol e de radiofontes coñecidas, relacionar as medicións de densidades de fluxo de raios cósmicos e a densidade de materia interestelar, e medir o albedo de raios gamma de alta enerxía da atmosfera terrestre.[1]
O satélite estabilizábase mediante xiro e estaba composto por unha caixa octogonal de aluminio de 30,5 x 30,5 x 58,5 cm situado sobre un cilindro de 15,2 cm de diámetro e 52,2 cm de longo. A telemetría enviábase en tempo real debido ó fallo da grabadora de cinta trala posta en órbita.[1]
Instrumentos
Detector de raios gamma de Explorer 11.Diagrama do detector de raios gamma.
O detector de raios gamma medía 25 cm de diámetro e 51 cm de longo, cun peso duns 12 kg. Estaba formado por capas de cristal de centelleo formado por ioduro de cesio e ioduro de sodio e un contador Cerenkov de metacrilato rodeado por plástico centelleador de anticoincidencia.[6]
As observacións comezaron o 19 de maio de 1961 e duraron uns 4 meses e en total detectáronse 22 eventos producidos por raios gamma e 22.000 producidos por raios cósmicos.[6]
↑ 4,04,1Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: S-15"(en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
↑ 5,05,1Mark Wade (2011). "S-15"(en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
↑ 6,06,1Goddard Space Flight Center, ed. (2011). "Explorer-11"(en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2011. Consultado o 20 de xaneiro de 2012.