Experimento Muón g-2![]() Levado a cabo no Fermilab, o Experimento Muón g-2 tenta determinar o factor g e outras propiedades dos muóns. A produción de muóns faise por aceleración de protóns que se aceleran ata velocidades superiores a 0,99 c e se fan chocar contra unha aliaxe de níquel, producíndose pións que na súa desintegración producen muóns, entre outros produtos. Os muóns son recollidos e separados mediante campos magnéticos, dirixíndoos ó experimento.[1] Tras tres series de experimentos, en 2025 o equipo internacional e multidisciplinar de físicos chegou a medir o factor g cunha precisión de 140 partes por millón. O resultado segue achegando a medición experimental coa predición teórica, que tamén durante os anos de funcionamento do experimento (2012-2025) foi mellorada en tres series.[2] O factor g, o momento magnético anómalo do muón e test de proba do modelo estándar de partículas, determina a precesión de xiro do muón nun campo magnético. O valor predicido nos anos 30 do século XX para g foi 2. A cantidade (g-2)/2 calculada foi aμ = (g-2)/2 (muon, experiment) = 0,001 165 920 705 +- 0,000 000 000 114(stat.) +- 0,000 000 000 091(syst.) , incluíndo os erros estatísticos e sistemáticos[2] A maquinaria fundamental para o experimento foi traslada de Long Island, Nova York (Brookhaven National Laboratory) a Batavia, Illinois (Fermilab), cunha posta a punto e mellora técnica posterior.[2] Notas
|