Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Eurocopter EC130

Eurocopter EC130
 Subclase de
Produción
 Fabricante
Datas e localizacións
 Entrada en servizo
2001 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
24 de xuño de 1999 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Eurocopter EC130 (no presente Airbus Helicopters H130) é un helicóptero utilitario lixeiro dun motor desenvolvido a partir do Eurocopter AS350 Écureuil. Un dos principais cambios foi a adopción dun dispositivo Fenestron no lugar dun rotor de cola convencional. Foi lanzado e fabricado polo grupo Eurocopter, que posteriormente pasaría a chamarse Airbus Helicopters.

Desenvolvemento

Durante os anos 80 houbo un considerable interese dentro do fabricante francés Aérospatiale de desenvolver aínda máis o seu exitoso helicóptero AS350 B3 Écureuil, que fora desenvolvido orixinalmente a principios dos 70. O 6 de febreiro de 1987 un prototipo AS350 Z (un AS350 B2 modificado) realizou o seu primeiro voo cun rotor de cola de tipo Fenestron no lugar dun convencional. O programa de probas do AS350 Z prolongouse durante varios anos, recibindo o aparello modificacións adicionais como unha nova toma de aire baseada na do Eurocopter EC120. O AS350 Z contribuíu ao desenvolvemento global do rotor de cola tipo Fenestron.[1]

A principios dos 90 o desenvolvemento do novo helicóptero continuou baixo o mando de Eurocopter (Aerospatiale fusionárase dentro da multinacional Eurocopter). O 24 de xuño de 1999 o primeiro prototipo do EC130 realizou o seu voo de estrea, co piloto de probas australiano Steven Page aos mandos. Entre os principais cambios con respecto o AS350 estaban a adopción dun sistema hidráulico dual, o dispositivo Fenestron pechado, e unha fuselaxe máis ancha para conseguir unha cabina con máis espazo interior.[2][1]

H130 en Suíza

O EC130 deseñouse en estreita cooperación con operadores turísticos, sendo un deles, Blue Hawaiian Helicopters, o cliente de lanzamento do modelo. O novo helicóptero tiña unha cabina espazosa que podía acomodar ata 7 turistas e poporcionar unha excelente visibilidade exterior. En 2001 o EC130 entrou en servizo con Blue Hawaiian Helicopters, sendo usado para visitas aéreas a áreas escénicas como Hawai e o Gran Canón.[2] O EC130 está dirixido principalmente a operadores comerciais de transporte de pasaxeiros, como empresas de tours aéreos, mentres que o anterior AS350 continuou sendo fabricado e comercializado como un helicóptero utilitario.[3] Vertical Magazine describiu ao EC130 como "un dos helicópteros dun motor máis exitosos para servizo médico aéreo".[4]

En febreiro de 2012 Eurocopter desvelou formalmente o EC130 T2, unha variante actualizada do EC130 cun máis potente motor turboeixo Turbomeca Arriel 2D. O T2 melloraba o rendemento do modelo base; máis do 70% da célula do EC130 T2 era distinta da do modelo EC130 inicial con tiña cambios para mellorar as condicións dos pasaxeiros como un sistema de control de vibración activo e un mellor sistema de aire acondicionado, mentres que o consumo de combustible é un 14% menor.[5][6] En 2012 Eurocopter recibiu un pedido de 50 EC130 T2 por parte de Maverick Helicopters, e outros clientes como Papillon e Blue Hawaiian aumentaron os pedidos da nova variante á 105 unidades.[2][7]

O EC130 T2 entrou en servizo no ano 2012.[4] En 2013 Airbus Helicopters informou que ese ano produciría uns 50 EC130 T2s, e que agardaba subir ata 65 unidades por ano en 2014.[8] En agosto de 2013 a subsidiaria brasileira de Airbus Helicopter, Helibras, montou o seu primeiro EC130 T2;[9] o primeiro EC130 T2 montado en Australia chegou en decembro de 2013.[10]

En 2021 Airbus probou unha asistencia eléctrica híbrida nun H130 para estender o tempo de reacción ata 30 segundos durante a transición á autorrotación despois dunha avaría do motor.[11]

Notas

  1. 1,0 1,1 "1974 : ecureuil helicopter, fennec helicopter - Eurocopter, an EADS company". web.archive.org. 2015-12-26. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. Consultado o 2024-05-13. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Pacific Crown Helicopters Completes Fit Out Of Australia’s First EC130T2" (PDF). Airwaves 2 (11): 11. decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. 
  3. "Helicopters H130 Finds New Application in Aerial Work". AINonline. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Airbus Helicopters sets high bar with EC130 T2". Vertical. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  5. "Eurocopter unveils T2 upgrade for EC130". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  6. "Airbus Helicopters’ EC130 T2 enters the Indian market". Vertical. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  7. "Recovery: Real or imagined ?" (PDF). Rotos & Wing. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  8. "Multi-Function People Mover". Vertical Magazine. 2014-07-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 2024-05-13. 
  9. "New EC130T2 Helicopter Makes Brazilian Debut". AINonline. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  10. "Eurocopter to demo EC130T2 around Australia". Australian Aviation. Consultado o 3 November 2018. 
  11. Rogers, David (2021-09-23). "Airbus tests new engine back-up system". RotorHub International (en inglés). Consultado o 2024-05-13. 
Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya