Espoo
Espoo, en finés, (Esbo en sueco) é unha cidade situada na costa sur de Finlandia. Forma parte da Área Metropolitana de Helsinqui xunto con Helsinqui, Vantaa e Kauniainen. Espoo está situado ao oeste de Helsinqui e Vantaa, mentres que encerra a Kauniainen. Outros municipios próximos son Nurmijärvi e Vihti no norte e Kirkkonummi no Oeste. A superficie total de Espoo é de 528 km² e a súa poboación compóñena unhas 235.000 persoas (31-12-2006). HistoriaAínda que os primeiros habitantes de Espoo chegaron durante os séculos XII e XIII, non foi ata os anos 50 do século XX cando comezou o seu maior desenvolvemento. Debido á súa proximidade con Helsinqui, Espoo converteuse nun lugar de residencia para os traballadores da capital. DemografíaA súa poboación creceu dende os 22.000 habitantes en 1950 até os 210.000 no ano 2000. A media de incremento da poboación entre o ano 1964 e o 2006 é duns 3.900 habitantes anuais. Continúa o incremento de poboación, mais nos últimos anos faino a un ritmo moito menor. Evolución do número de habitantes (31 de decembro): A poboación por nacionalidade era o 1 de xaneiro de 2007: 95.1% nacionalidade finesa e 4.9% outra nacionalidade. A relixión do 77.4% da poboación era a luterana, 1.3% ortodoxa, 1.3% outras crenzas, e o 19.9% dos cidadáns non tiña afiliación relixiosa ningunha.
Situación![]() O obxectivo da cidade foi a de desenrolarse preservando a natureza, o que conduciu a unha peculiar planificación da cidade baseada na construción de diversos núcleos urbanos separados entre eles por amplos espazos de zonas verdes e bosques. Espoo está así dividida nas seguintes áreas: Espoon keskus, Espoonlahti, Kalajärvi, Kauklahti, Leppävaara, Matinkylä-Olari, e Tapiola. A Universidade Politécnica de Helsinqui encóntrase en Otaniemi, Espoo, distrito no que residen as sedes de diversos institutos de investigación e empresas tecnolóxicas, por exemplo Nokia. O seu equipo de fútbol é o FC Honka Espoo cuxo estadio se chama Tapiolan Urheilupuisto. Véxase tamén
Outros artigosLigazóns externas
|