Eowils e Halfdan
Eowils e Halfdan (nórdico antigo: Ásl ou Auðgísl / Hálfdan), finados en 910, foron dous caudillos viquingos que gobernaron posibelmente en diarquía parte do reino de Northumbria, Inglaterra[1]. TraxectoriaÉ probábel que Ingwær (Ingvar), un terceiro caudillo, gobernase tamén unha parte do reino tras a morte de Æthelwald de Wessex en mans de Eduardo o Vello en 902, como se cita no Chronicon do cronista Æthelweard onde se menciona a un terceiro monarca [Ingvar] entre outros moitos nobres caudillos[2]. Gobernaron o que sería o xerme do reino viquingo de York durante oito anos. O incremento da presenza viquinga en York fíxose insustentábel tras a chegada de refuxiados desde o reino de Dublín que foron expulsados en 902[3]. A pesar das negociacións e tratados do ano 906, os viquingos comezaron unha campaña de fustrigación e incursións nas costas de Wessex en 909 e enfrontáronse ao rei de Inglaterra na batalla de Tettenhall onde foron derrotados e os seus corpos abandonados no campo de batalla o 5 de agosto de 910[4]. Outro viquingo, Ragnall ua Ímair da poderosa dinastía hiberno-nórdica Uí Ímair ocuparía non moito máis tarde o trono de Jórvik, aproveitando o baleiro de poder e as constantes loitas fronteirizas entre o reino de Mercia e o reino de Wessex, aliados ocasionais fronte aos invasores daneses. Notas
Véxase taménBibliografía
|