Enterococcus faecium
Enterococcus faecium é unha especie bacteriana grampositiva, alfa-hemolítica ou non hemolítica do xénero Enterococcus.[1] Pode ser un comensal inocuo que vive no intestino humano, pero pode tamén ser patóxena, causando doenzas como a meninxite neonatal ou endocardite. Hai cepas resistentes á vancomicina. Os E. faecium resistentes á vancomicina coñécense coas siglas VRE (do inglés).[2] Algunhas cepas de E. faecium utilízanse como probióticos tanto en animais [3] coma en humanos.[4] Secuencia xenómicaOs xenomas que figuran a continuación proceden da páxina web Integrated Microbial Genomes. Algúns dos 22 xenomas secuenciados de Enterococcus faecium
TratamentoO antibiótico linezolid ou a daptomicina utilízanse para tratar infeccións por VRE. As estreptograminas, como quinupristina/dalfopristina, poden tamén usarse para tratar infeccións por VREs. Tamén se poden tratar con sultamicilina.[5] Notas
Véxase taménBibliografíaSadowy, E; Luczkiewicz, A (14 March 2014). "Drug-resistant and hospital-associated Enterococcus faecium from wastewater, riverine estuary and anthropogenically impacted marine catchment basin.". BMC microbiology 14: 66. PMID 24629030. doi:10.1186/1471-2180-14-66. Consultado o 12 November 2014. |