Endoderma![]() ![]() ![]() O endoderma é unha das tres capas xerminais primarias que aparecen nas fases máis iniciais do desenvolvemento do embrión. As outras dúas son o ectoderma (capa externa) e o mesoderma (capa media), en tanto que o endoderma é a capa máis interna.[1] As células que emigran cara ao interior ao longo do arquénteron forman a capa interna da gástrula, que se desenvolve orixinando o endoderma. O endoderma consta de células inicialmente aplanadas, que despois se fan columnares. O endoderma formará o revestimento epitelial de moitos órganos. Elementos derivados do endodermaA seguinte táboa indica os órganos derivados do endoderma.
O fígado e o páncreas pénsase que derivan dun precursor común.[3] Nos humanos, o endoderma pode diferenciarse en órganos distinguibles xa na 5ª semana do desenvolvemento embrionario. Notas
Véxase taménOutros artigos |