Emilio Durán Corsanego
Emilio Durán Corsanego, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1923 e finado en Madrid o 28 de maio de 2023, foi un xurista e político galego. TraxectoriaFoi mestre de Primeira Ensinanza na Escola Normal da Coruña e profesor mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña. En 1946 licenciouse en Dereito pola Universidade Literaria de Santiago, e en 1948 ingresou no notariado. Exerceu como tal en Ayorbe (provincia de Huesca), As Pontes de García Rodríguez, Cartaxena, Vigo, Bilbao e Madrid. En 1949 comezou a traballar como rexistrador da propiedade, cargo que exerceu en Sedano (provincia de Burgos), Ponte Caldelas, A Coruña, Palma e Madrid. En 2003 doutorouse en Dereito con sobresaínte cum laude. Nas Eleccións xerais de España de 1982 foi elixido deputado pola provincia da Coruña por Alianza Popular.[1][2] Tras a entrada de España na Unión Europea foi nomeado deputado do Parlamento Europeo en 1986, cargo que mantivo até as eleccións do ano seguinte.[3] Finou en Madrid o 28 de maio de 2023.[4] Obra
Publicou artigos biográficos sobre notarios e rexistradores da propiedade en Gaceta de los Notarios e Pausa. Tamén publicou traballos no Boletín del Colegio Nacional de Registradores de la Propiedad, e artigos en prensa sobre Hispanoamérica, a lingua galega e o Apóstolo Santiago. Vida persoalDescendente do médico de Feás Ángel Durán Villanovo, casou con Lucía de la Colina Unda, con quen tivo oito fillos e vinte netos. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|