Economía do ben comúnEconomía do ben común (no orixinal alemán Gemeinwohl-Ökonomie), é un proxecto económico aberto ás empresas e promovido polo economista austríaco Christian Felber que pretende implantar e desenvolver unha verdadeira economía sustentable e alternativa aos mercados financeiros na que necesariamente teñen que participar as empresas.[1][2][3] Orixe do Proxecto de economía do ben comúnOs antecedentes remóntanse ao 31 de outubro de 2008, día no que Christian Felber xunto a Frank Crüsemann, Ulrich Duchrow, Heino Falcke, Kuno Füssel, Detlef Hensche, Siegfried Katterle, Arne Manzeschke, Silke Niemeyer, Franz Segbers, Ton Veerkamp e Karl Georg Zinn asinaron a declaración Frieden mit dem Kapital? Ein Aufruf wider die Anpassung der evangelischen Kirche an die Macht der Wirtschaft.[4] No ano 2009 Felber cofundó Bewegungsstiftung Österreich (Movemento Austria),[5] e en 2010 iniciou o proxecto Banca Democrática.[6] En 2010 xunto a un grupo de empresarios Felber iniciou o desenvolveu práctico do modelo de Economía do Ben Común ou Economía do ben público, como unha alternativa real ao capitalismo de mercado e á economía planificada.[7] Economía do Ben ComúnA Economía do Ben Común é presentada por Christian Felber como unha alternativa tanto ao capitalismo de mercado como á economía planificada. O proxecto parte duns criterios xerais, porén deber ser un modelo aberto que debe construírse entre todos os seus membros.[7] Principios legais da Economía do Ben ComúnSegundo Felber moitas constitucións e normas legais recollen o principio segundo o cal a actividade económica debe servir aos intereses xeral e en xeral ao ben común ou ben público (??common good?? en inglés e ??Gemeinwohl?? en alemán). Así, por exemplo a Constitución de Baviera no seu artigo 151 indica que:[7][8]
Para Felber a implantación da economía do ben común non é outro que adaptar a economía real capitalista (na que priman valores como o afán de lucro e a competencia) aos principios constitucionais que recolle, entre outras, a Constitución de Baviera. Principios da Economía do Ben ComúnA economía do ben común débese rexer por unha serie de principios básicos que representan valores humanos: confianza, honestidade, responsabilidade, cooperación, solidariedade, xenerosidade e compaixón, entre outros. Para os defensores da economía do ben común, aquelas empresas ás que guíen eses principios e valores deben obter vantaxes legais que lles permitan sobrevivir, fronte aos valores do lucro e a competencia actuais. A economía real actual mídese o éxito económico con valores ou indicadores monetarios como o produto interior bruto e os beneficios que deixan fóra aos seres humanos e ao medio no que vivimos. Estes indicadores non nos din nada sobre se hai guerra, vívese nunha ditadura, se sobreexplotamos o medio, se se respectan os dereitos humanos etc. Da mesma maneira unha empresa que teña beneficios non nos indica nada sobre as condicións das súas traballadores nin sobre o que produce nin como o produce. O balance do ben común mide como unha empresa vive: a dignidade humana, a solidariedade, a xustiza social, a sostibilidade ecolóxica, a democracia con todos os seus provedores e clientes.[7] Por exemplo, se a empresa promove a escravitude infantil, se hai desigualdade entre homes e mulleres, se as rendas dos traballadores están diferenciadas... Finalmente, a avaliación deses valores poderá permitir ao consumidor escoller os produtos. Felber propón un límite á propiedade privada e á herdanza.[7] Implantación do proxectoA implantación do modelo teórico comezou en outubro de 2010 cun grupo de empresas de varios países que participan activamente cumprindo voluntariamente os requisitos do proxecto de economía do ben común. O grupo converteuse nun movemento político que mete presión ao goberno para que os principios teóricos plásmense definitivamente en leis.[7] Notas
Véxase taménBibliografía
Outros artigosLigazóns externas
|