Digital Garbage
Digital Garbage é o décimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Mudhoney, publicado o 19 de setembro de 2018 a través do selo Sub Pop Records,[1] sendo o seu sétimo álbum editado por esta discográfica.[2] RecepciónDigital Garbage tivo recensións xeralmente positivas da maioría dos críticos musicais. En Metacritic asignan unha puntuación de "media ponderada" de 100 ás críticas e valoracións dos principais críticos, e o álbum recibiu unha puntuación de 75, baseada en 17 recensións.[3] Mark Deming de AllMusic afirmou que "Digital Garbage non é o gran álbum de protesta de Mudhoney, pero como reacción a un tempo caótico e divisivo, é poderosamente elocuente ao seu xeito sucio, e demostra que aínda poden soar como nada máis que eles mesmos sen estar atados ao pasado. Vén pola rabia de Digital Garbage e quédate polo rock. Ambos séntense intensos e purificadores".[4] AllMusic escolleuno como un dos seus discos de rock favoritos de 2018,[4] e Mojo situouno no 55 da súa lista dos 75 mellores álbums de 2018.[5] Listaxe de canciónsTódolos temas escritos e compostos por Mark Arm, Steve Turner, Dan Peters e Guy Maddison.
Notas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||









