Deformación cranial artificial![]() ![]() A deformación cranial artificial, achaiado de cabeza ou vendado de cabeza, é unha forma de modificación corporal mediante a cal o cranio se deforma intencionalmente. Isto conséguese distorsionando o crecemento normal do cranio dun neno mediante a aplicación de forza. As formas posibles de deformar o cranio son: chás, alongadas (producidas mediante o vendado de dúas placas de madeira nos lados da cabeza), redondas (vendado con tea) e en forma de cono. Realízase tipicamente durante a infancia, xa que o cranio é máis maleable nesta etapa, debido a que os ósos do mesmo non se fusionaron. Nun caso típico, o vendado da cabeza comeza aproximadamente un mes despois do nacemento e continúa durante seis meses. Historia![]() O moldeado intencional da cabeza, foi practicado simultaneamente en moitas culturas separadas xeográfica e cronoloxicamente, probablemente foi inventado máis dunha vez. A súa práctica continúa nalgúns lugares, como Vanuatu e a República do Congo. Descrición de HipócratesO rexistro escrito máis antigo de deformación cranial data do 400 a. C. na descrición de Hipócrates dunha tribo africana, os macrocéfalos ou "cabezas longas", chamados así pola súa práctica de deformación cranial.[1] Vello MundoNo vello mundo, os hunos[2] e os alanos[3] foron recoñecidos por practicar a deformación cranial. Na Antigüidade tardía (300-600 d. C.), os pobos xermánicos orientais (xépidos, ostrogodos, hérulos, ruxios e burgundios) que eran gobernados polos Hunos adoptaron este costume. Nas tribos xermanas do oeste a deformación cranial foi de cando en cando atopada.[4] AméricaEn América, os maias, e os antigos peruanos (os Paracas), e certas tribos dos Estados Unidos tiñan o costume de alongar as cabezas dos infantes. En América do Norte a práctica era especialmente coñecida entre as tribos chinook do noroeste e os choctaw do sueste. O grupo de nativos americanos coñecidos como a cabeza chá non practicaban o achaiado de cabeza, pero foron nomeados así por contraste con outros pobos salishanos que usaban modificación cranial para facer que a súa cabeza parecese máis redonda.[5] De tódolos xeitos, outras tribos incluído os choctaw, os chehalis e os pobos nooksack practicaban o achaiado de cabeza atando a cabeza do infante a un porta bebés de madeira.[6] Os pobos lucaianos das Bahamas e os aborixes australianos practicaban esta técnica.[7] Cultura Paracas![]() Os paracas viviron na costa do Perú, no sur da capital Lima. Algunhas estimacións propoñen que esta cultura existiu entre o 700 a. C. e o 100 d. C. pero as fontes poden variar principalmente polas poucas probas de carbono 14 que foron realizadas nos materiais orgánicos atopados na área. Julio César Tello, arqueólogo peruano, conduciu escavacións arqueolóxicas preto da área dos Paracas en 1927 e 1928, tras decatarse que ladróns de tumbas atoparan grandes lotes de materiais fúnebres que incluían custosos téxtiles, cerámicas e ofrendas cerimoniais no sitio chamado Cerro Colorado, o cal se converteu nunha área protexida dentro da reserva ecolóxica de Paracas.[8] Pouco traballo fixeron os arqueólogos dende os tempos de Tello, pero as escavacións das tumbas da nobreza continuaron. Un aspecto intrigante desta cultura que foi pasada por alto pola maioría dos investigadores é o feito de que a nobreza practicaba o vendado da cabeza para provocar deformación cranial.[9] A situación dos Paracas é dalgunha maneira única en canto a que Juan Navarro e Brien Foerster atoparon a presenza de polo menos cinco formas distintas de cabezas alongadas, sendo cada tipo predominante en cemiterios específicos. Os máis grandes e impactantes son do sitio chamado Chongos, preto da cidade de Pisco, ó norte de Paracas. Estes cranios son chamados “cabezas longas”, debido á súa aparencia alongada. Probas sobre estes cranios revelaron que, en media, a capacidade cranial é de 1,5 litros, aproximadamente un 25 % máis que os cranios contemporáneos e pesan un 60 % máis. Tamén as cavidades orbitais son significativamente maiores que as de cranios contemporáneos e a mandíbula máis grande e grosa. Máis aínda, a presenza de dous pequenos ocos na parte posterior dos cranios de Chongos, chamados foramen, indican que o fluxo sanguíneo e quizais os nervios, excitaban o cranio na parte posterior para alimentar o tecido dérmico. Isto parecese indicar que a natureza fixo isto e non unha deformación cranial.[10] Tahití, Samoa e HawaiFriedrich Ratzel en The History of Mankind[11] reportou en 1896 que a deformación cranial, tanto por achaiado por detrás como por elongación cara ó vértice foron atopados en lugares illados de Tahití, Samoa, Hawai, e o grupo Paumotu máis frecuentemente en Mallicollo nas Malakula (Vanuatu), onde o cranio era deformado extraordinariamente plano. Comezos do século XX![]() Na rexión de Tolosa (Francia), esta deformación voluntaria realizouse até principios do século XX. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
|