Crack (droga)O crack é o nome vulgar dun derivado da cocaína. Son os refugallos resultantes de ferver clorhidrato de cocaína nunha solución de bicarbonato de sodio para que se evapore a auga. O crack converteuse nunha droga de abuso a mediados do decenio de 1980. O termo crack é unha onomatopea que suxire o ruído que fan as pedras desta droga ó queceren pola ebulición da auga que conteñen. Tamén recibe outros nomes, como rocas, rochas, chulas, pedras, entre outros. Ás veces é confundido co bazuco ou o Paco, a costra que queda na ola onde se prepara a cocaína. O crack, en po, é un estimulante altamente aditivo e poderoso. Produce euforia inmediata, custa pouco producilo e é facilmente accesible. ProduciónElabórase disolvendo a cocaína en po nunha mestura de auga e amoníaco ou bicarbonato de sodio. Férvese a mestura ata que se forma unha substancia sólida a partir do líquido. Xa seca, pártese en anacos (pedras) que se venden como crack de cocaína. HistoriaMoitísimo antes do descubrimento do crack, nos Estados Unidos os indios das montañas de Santa Marta fumaban follas de coca moída con pedra calcaria.
ConsumoO crack fúmase nunha pipa de vidro con cinza de cigarro. Tamén nunha lata con buratos, nun contagotas de vidro ou nun cigarro como primo (tabaco mesturado coa cocaína) entre outros. Outro instrumento utilizado é un tubo metálico similar a unha antena de radio (en moitos casos é) ó que se lle introduce unha sorte de alambrina que se utiliza para fuma-lo crack simulando unha pipa. Este método utilízase principalmente por xente con moi poucos recursos, o que se coñece como "fumar en tubo". Efectos e sintomatoloxíaÓ fumalo, o alcaloide chega máis rápido ó cerebro, en maiores cantidades e presentando un efecto sinérxico cos outros químicos que se usaron para a elaboración das rochas. O crack pode producir os seguintes síntomas [Cómpre referencia]:
|