Coregonus albula
![]() ![]() Coregonus albula é unha especie de peixe osteíctio da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos e xénero Coregonus.[2][3][4] Propio do norte de Europa, coñécese vularmete en galego como corégono branco.[5] TaxonomíaDescriciónA especie foi descrita por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Salmo albula.[2][3][4] EtimoloxíasPara a do xénero, ver Coregonus. O epíteto específico, albula, é unha voz do latín científico titada do latín clásico albula, feminino de albulus, "abrancazado", derivado de albus, "branco".[6] SinónimosAdemais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse polos sinónimos:[2]
Notas taxonómicasCoregonus albula está moi relacionado con Coregonus sardinella e tamén con Coregonus peled, aínda que as diferenzas fenotípicas son claras.[7] Dentro desta especie suxeríronse subdivisións taxonómicas tanto por motivos xeográficos como entre ecotipos simpátricos. FishBase considera as poboacións británicas deste corégono como unha especie separada, Coregonus vandesius,[8] pero esta distinción non é aceptada pola maioría os ictiólogos.[9] CaracterísticasCoregonus albula é un peixe delgado e estilizado, que presenta unha aleta adiposa, unha pequena aleta adicional no dorso entre a aleta dorsal e a aleta caudal, como é típico na familia dos salmónidos. A súa mandíbula (maxilar inferior) é máis longa que o maxilar superior. Ten unha aparencia semellante tanto a Coregonus lavaretus, cuxo maxilar superior é máis longo que o inferior, como a Coregonus peled, cuxos maxilares son de igual lonxitude. O dorso é de cor verde azulada ou marrón, os flancos son prateados e o ventre branco.[7] Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 48,0 cm, pero a maioría dos espécimes miden uns 20,0 cm. O máximo peso rexistrado foi de 1,0 kg.[10] Hábitat e distribuciónO corégono branco é un peixe marino, dulciacuícola e de augas salobres, bentopeláxico, anádromo,[11] que habita en augas temperadas a pofundidades de até os 30 m, entre os 66° N e os 59° N, e os 16° L e os 31° L.[8] Encóntrase en ríos e lagos das concas do mar Báltico, do Branco e do Norte, ao leste do río Elba, e nos afluentes norteños do río Volga. Anádromo no golfo de Finlandia e mariño na parte máis ao norte do golfo de Botnia. Existen grandes poboacións en lagos e encoros de Alemaña e Polonia.[8] BioloxíaHábitosCoregonus albula é unha especie lacustre e mariña de augas abertas. No mar, aliméntase preto da costa).[12] Forma cardumes peláxicos nos lagos máis profundos.[13] É anádromo no Báltico.[8] NutriciónAliméntase de crustáceos planctónicos[13] ReproduciónCoregonus albula desova ao longo das costas, a 3-10 m de profundidade, raramente até os 22 m de profundidade ou xusto debaixo da superficie. Desova máis profundamente en lagos claros e máis preto da superficie en lagos con augas húmicas.[12] A desova efectúase sobre substratos pouco profundos de area ou de grava.[8] Reprodúcese xeralmente no outono, pero en varios lagos do norte de Europa existen poboacións distintas de corégonos que desovan na primavera, algunhas das cales foron descritas como especies separadas: en Suecia, como Coregonus trybomi, e en dous lagos do norte de Alemaña, como Coregonus fontanae e Coregonus lucinensis. Estas poboacións son simpátricas con corégonos que se reproducen no outono e parecen ter evolucionado posglacialmente a partir delas de forma independente en cada lago.[Cómpre referencia] Relacións cos humanosA especie é obxecto de pesca comercial. Figura nos escudos de armas de moitas cidades e pobos onde se pesca. No arquipélago sueco da baía de Botnia prodúcese o famoso "Kalix löjrom" (caviar de Kalix), que adoita servirse nos banquetes reais, e é común nos dos premios Nobel. Estado de conservaciónA Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que é unha especie que está moi estendida e que non se coñecen grandes ameazas sobre ela, cualifuica o seu status como LC (pouco opreocuopante). Poeén, cómpre confirmar as identidades dalgunhas poboacións lacustres.[1] Figura no Apéndice III da Convención de Berna.[8] Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos |