Cook Islands First Party
Cook Islands First Party foi un partido político das Illas Cook. HistoriaOrixinalmente foi unha corrente dentro do Partido Demócrata afín ao primeiro ministro Robert Woonton fronte a Terepai Maoate. Nas eleccións de 2004 venceron os demócratas sen unha maioría clara, Woonton anunciou un goberno de coalición co Partido das Illas Cook encabezado por el mesmo[1] o que causou un importante debate no seo dos demócratas e Woonton foi expulsado do partido xunto co ministro de sanidade Peri Vaevae Pare, Woonton respondeu presentando o seu propio partido, o Demo Tumu Party, o 1 de decembro de 2004.[2]. Inicialmente o partido compúñano catro deputados: Pare, o entón ministro de educación Jim Marurai, Teenui Mapumai e Poko Simpson.[3] O novo partido mantivo o acordo que asinara Woonton co Partido das Illas Cook pero no reconto final da circunscrición de Manihiki Woonton empatou con Henry Puna, candidato do Partido das Illas Cook e o gobernador da Raíña disolveu o goberno que estaba en funcións desde os últimos comicios, convocando novas eleccións en Manihiki.[4], formouse un novo goberno con Jim Marurai como o novo primeiro ministro nun acordo para que Geoffrey Henry, líder do PIC o substituíra aos dous anos.[5] A coalición disolveuse en 2005, e o partido, agora chamado "Cook Islands First", formou unha nova coalición cos demócratas.[6], pouco despois das eleccións de 2006 os dous partido reunificáronse. Notas
|