Condoleezza Rice
TraxectoriaFormaciónCondoleeza naceu no Holy Family Community Hospital de Birmingham, Alabama. É filla única de John W. Rice. Jr e Angelena Ray, profesora de secundaria. Estudou na St. Mary's Academy, licenciada en artes na Universidade de Denver e doutora en Filosofía na mesma universidade en Denver.[1] Comezos na políticaRice foi demócrata até 1982. Despois cambiou a republicana porque non estaba de acordo coa política exterior do presidente demócrata Jimmy Carter, e tamén por influencia do seu pai, que era republicano. CarreiraFoi a 66ª Secretaría de Estado dos Estados Unidos e a segunda secretaria de Estado do ex presidente George W. Bush. Ela tomou o relevo de Colin Powell o 26 de xaneiro de 2005, despois de que este renunciase. Rice foi a primeira muller afroamericana, a segunda afroamericana (despois de Powell) e a segunda muller (despois de Madeleine Albright) en servir como secretaria de Estado. Antes de converterse en secretaria de Estado, Condoleezza Rice foi a asesora de Seguridade Nacional de Bush durante o seu primeiro mandato (2001–2005), exercendo o cargo durante os ataques do 11 de setembro. Antes de diso, foi profesora de ciencias políticas na Universidade Stanford de 1993 a 1999, onde tamén foi reitora. Relacións internacionais![]() Rice foi Secretaria de Estado na década seguinte ao final da guerra fría. Tiña visitado a URSS en 1979[2]. Aínda que deslizou certas críticas ao réxime de Vladimir Putin, en xeral mantivo boas relacións coa Federación Rusa, de quen dixo que colaboraron na chamada "guerra contra o terrorismo" e nas relacións con Oriente Medio, cando o Ministro de Exteriores Sergey Lavrov asegurou que non se oporían á resolución sobre Irán.[3] Rice criticou máis tarde a intervención rusa en Osetia do Sur. Críticas á súa xestión![]() As actividades de Condoleezza Rice na Administración de George W. Bush foron sometidas a unha dura crítica tanto nos EEUU como no estranxeiro[4]. Sobre a guerra de IraqA senadora demócrata de California Barbara Boxer criticou a Rice en relación coa guerra de Iraq: "Persoalmente, creo -esta é a miña visión- que a súa lealdade a esta operación, a xustificación desta guerra, superou o seu respecto pola verdade." [5]. Na UniversidadeInsatisfeitos coas súas políticas tentaron impedir que Rice falase en público en institucións educativas, como a Universidade de Princeton[6] e o Boston College[7], cuxa administración suxeriu que Rice dimitise como profesora asociada. Sobre o KatrinaDurante o paso do furacán Katrina e o agravamento da situación en Nova Orleáns, rumoreuse que Rice asistiu a unha representación en Broadway[8]. No documental do cineasta afroamericano Spike Lee When the Dams Collapsed, Michael Eric Dyson criticouna: "Ao mesmo tempo que a xente afogaba, ela camiñaba pola Madison Avenue, comprando zapatos Ferragamo. Despois foi ver Spamalot!"[9] Vida persoalDesde 2006 até 2011 rumoreouse que mantiña unha relación co ministro canadense Peter MacKay; Rice negou o romance pero afirmou que fora un bo amigo e grazas a el continuou no seu cargo, que ela planeaba deixar.[10] Tamén foi vinculada polos medios ou a opinión pública cos ministros de Relacións Exteriores italiano (Massimo D'Alema) e británico (Jack Straw)[11] e segundo ela suxeriu despois do asasinato de Muamar al-Qadafi, o líder libio tiña unha "obsesión arrepiante" con Rice, a quen lle fixo un álbum de fotos e un vídeo dos seus encontros con Vladimir Putin e Hu Jintao, e a quen chamaba "flor negra na Casa Branca" e "princesa africana".[10] Participación audiovisualRice participou no documental de 2011 Miss Representation ririxido e producido por Jennifer Siebel Newsom. A película explora como os medios principais contribúen á sub-representación das mulleres en posicións influentes ao facer circular retratos limitados e, a miúdo, despectivos delas.[12] Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|