Concepción Sáiz
Concepción Sáiz Otero, nada en Santiago de Compostela o 22 de maio de 1851 e finada en Pancorbo (Provincia de Burgos) en marzo de 1934, foi unha mestra, pedagoga, feminista e escritora galega.[1] TraxectoriaNada a mediados do século XIX, Concepción Sáiz (á que máis tarde as súas alumnas chamarían "Pura") foi filla de Andrea de Otero e Pérez, galega, e Raimundo Sáiz Reoyo, burgalés e carabineiro de profesión. Esta ocupación paterna fixo que a familia viaxase durante a infancia de "Pura", en virtude dos destinos que se lle deron en Ciudad Rodrigo, Viveiro, Logroño e Burgos. Nesta última cidade, a súa irmá máis vella e mestra de profesión, obtivo unha praza na escola da localidade de Pancorbo. En 1870, "Pura" e a súa familia viaxaron a Madrid, onde a moza seguiu o exemplo da súa irmá ingresando na Escola Normal Central de Mestras en 1876.[2] Iniciouse como profesora normalista en 1884, actividade que desenvolveu até a súa xubilación en 1921. En 1882, participou no Congreso Nacional Pedagóxico, e con maior protagonismo estivo na Mesa do Congreso Hispano-portugués-americano, celebrado en Madrid, do 13 ó 27 de outubro de 1892; mesa na que tamén estiveron Manuel Ruiz de Quevedo (presidente da Asociación para o Ensino da Muller), Emilia Pardo Bazán, Rafael Torres Campos, Concepción Aleixandre, Asunción Vea e Juan Facundo Riaño, non podendo acudir, por atoparse enferma Concepción Arenal. A súa actividade no eido da pedagoxía quedou reflectida en numerosas colaboracións en revistas, diarios e semanarios como La Tribuna (1882) e Nuestro Tiempo (1902-1906), ademais de nas publicacións profesionais Magisterio Español (entre 1883 e 1897), La Escuela Moderna (1893-1900) e a Revista de Medicina Social Española (1916-1918). Morreu a comezos da primavera de 1934, e foi enterrada no cemiterio de Pancorbo, onde unha lápida custeada polas súas alumnas deixou memoria da súa homenaxe, ademais dunha placa conmemorativa na escola de Madrid que en 1934 levaba o seu nome.[3] Obra
Notas
Véxase taménBibliografía
Outros artigosLigazóns externas
|