Concepción Burgo
TraxectoriaLicenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e doutorouse en Historia na mesma Universidade en 1986, lendo a tese Un dominio monástico femenino en la Edad Moderna: el monasterio benedictino de San Payo de Antealtares, dirixida polo doutor Antonio Eiras Roel.[2] Desde 1991 a 1993 foi a directora do Colexio Universitario de Lugo da Universidade de Santiago.[3] Despois da transformación de dito Colexio Universitario no Campus de Lugo da USC, foi nomeada, en 1989, Profesora Titular de Historia Moderna, do Departamento de Historia Medieval, Moderna e Contemporánea, na Facultade de Humanidades de Lugo.[4] Até o ano 2003 foi decana de dita Facultade.[3] Nese mesmo ano formou parte da candidatura do PSOE ao Concello de Lugo, no que foi tenente de alcalde, encargada da área de Cultura, Turismo e Educación até o ano 2010. Nese período puxo en marcha o Centro de Interpretación da Muralla.[1] Desde o 2005 até 2020 foi deputada polo PSOE do Parlamento de Galicia,[1] da que foi vicesecretaria.[5] É autora de estudos sobre Galicia na Idade Moderna, algúns deles referidos á historia da cidade de Lugo.[3] Algunhas publicaciónsLibros
Colaboración
Artigos
Notas
Véxase taménLigazóns externas
|