Code Lyoko: Evolution
Code Lyoko: Evolution (en galego, Código Lyoko: Evolución) é a secuela da serie de animación francesa de animación Código Lyoko. Foi estreada o 19 de decembro de 2012 a través da canle France 4 e estreaouse de novo o 9 de outubro de 2016 en Boing. Mestura imaxes de acción en vivo con animación CGI, retomando a trama onde quedou a serie orixinal. Ademais de mellorar a calidade do CGI, a banda sonora tamén foi completamente revisada. Personaxes
Secundarios
ProduciónO orzamento da serie estímase en 5 600 000 euros.[1] AcollidaCode Lyoko Evolution recibiu críticas dispares. Mentres que a mellora da animación CGI foi considerado como un aspecto positivo para os fans da serie, a acollida da maioría dos outros cambios foi maioritariamente negativa. Os fans criticaron duramente a personaxe de Laura Gauthier e houbo críticas dispares sobre a introdución de imaxes reais no canto da animación 2-D. Os fans tamén criticaron o elenco e as súas planas interpretacións. Outros aspectos como o guión tamén foron criticados e en xeral é considerada inferior á serie orixinal. Todo isto supuxo que só tivese unha única tempada composta de 26 episodios.[2] Notas
Véxase taménOutros artigos
Ligazóns externas
|