Clinton Engineer Works (CEW ) foron as instalacións de produción do Proxecto Manhattan que durante a segunda guerra mundial produciron o uranio enriquecido usado no bombardeo de Hiroshima , ademais das primeiras mostras de plutonio producido nun reactor nuclear . Consistía en varias instalacións de produción dispostas en tres localizacións principais, outras instalacións como unha central eléctrica e a vila de Oak Ridge . Estaba a uns 29 km ó oeste de Knoxville , e recibiu o nome pola vila de Clinton , a uns 13 km ó norte. As instalacións de produción estaban principalmente no condado de Roane , e a parte norte estaba no condado de Anderson . O enxeñeiro do Distrito Manhattan Kenneth Nichols trasladou o cuartel xeral do mesmo dende Manhattan ata Oak Ridge en agosto de 1943. Durante a guerra, as investigacións realizadas nestas instalacións estiveron dirixidas pola Universidade de Chicago .
Os traballadores da construción foron aloxados nunha comunidade coñecida como Happy Valley. Esta comunidade temporal tiña unha capacidade de 15 000 persoas. A vila de Oak Ridge estableceuse para aloxar ó persoal de produción. O persoal operativo chegou ós 50 000 traballadores pouco antes da fin da guerra, mentres que o persoal da construción chegou ós 75 000 e o persoal combinado ós 80 000. A vila foi desenvolvida por parte do goberno federal como unha comunidade segregada .
A planta Y-12 na esquina superior dereita. As plantas K-25 e K-27 na esquina inferior esquerda, preto da planta S-50 . O reactor X-10 no centro inferior.
Véxase tamén
Bibliografía
Fine, Lenore; Remington, Jesse A. (1972). The Corps of Engineers: Construction in the United States (PDF) . Washington, D.C.: United States Army Center of Military History. OCLC 834187 . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de febreiro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2017 .
Freeman, Lindsey A. (2015). Longing for the Bomb: Oak Ridge and Atomic Nostalgia . ISBN 978-1-4696-2237-8 . OCLC 891369595 .
Groves, Leslie (1962). Now it Can be Told: The Story of the Manhattan Project . Nova York: Harper & Row. ISBN 0-306-70738-1 . OCLC 537684 .
Hales, Peter B. (1997). Atomic Spaces: Living on the Manhattan Project . Urbana, Illinois: University of Illinois Press. ISBN 978-0-252-02296-8 . OCLC 36292920 .
Kiernan, Denise (2013). The Girls of Atomic City: the Untold Story of the Women who Helped win World War II . Nova York: Simon & Schuster. ISBN 978-1-4516-1752-8 . OCLC 796757323 .
Jackson, Charles O.; Johnson, Charles W. (1977). The Urbane Frontier: The Army and the Community of Oak Ridge, Tennessee, 1942–1947 . Military Affairs 41 . pp. 8–15. JSTOR 1987090 .
Johnson, Charles W.; Jackson, Charles O. (1981). City Behind a Fence: Oak Ridge, Tennessee, 1942–1946 . Knoxville, Tennessee: University of Tennessee Press. ISBN 0-87049-303-5 . OCLC 6331350 .
Johnson, Leland; Schaffer, Daniel (1994). Oak Ridge National Laboratory: the First Fifty Years . Knoxville, Tennessee: University of Tennessee Press. ISBN 978-0-87049-853-4 .
Jones, Vincent (1985). Manhattan: The Army and the Atomic Bomb (PDF) . Washington, D.C.: United States Army Center of Military History. OCLC 10913875 . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2017 .
Localizacións Administradores Científicos Operacións Armas Temas relacionados