Chad
O Chad[1][2] (en francés Tchad, en árabe تشاد, Tshad), oficialmente República do Chad (en francés République du Tchad; en árabe جمهورية تشاد, Jumhūriyyat Tshād) é un país africano. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste co Camerún, Nixeria e mais Níxer. A súa capital é Xamena. HistoriaDo mesmo xeito que a maioría do mundo, a área actualmente coñecida como o Chad comezou como un grupo desconectado de tribos. Eventualmente estas tribos foron tomadas por reinos. O Chad foi controlado por algúns reinos débiles ata ser tomado polo maior, pero aínda africano, Imperio Kanem-Bornu. Logo, os estranxeiros comezaron a ter maior influencia sobre o Chad. Comezando na idade media, o Chad converteuse nun cruzamento de rutas entre os mercadores musulmáns e as tribos nativas. En 1891 o Chad converteuse en parte do Imperio colonial francés. Durante a segunda guerra mundial, o Chad foi a primeira colonia francesa en unirse aos aliados. En 1960 o Chad foi convertido pacificamente nun país independente. En 1965 unha guerra civil comezou como unha sublevación de impostos do norte musulmán. A guerra foi longa e custosa. Durou ata 1998, en cuxo momento foi escrita a constitución e Idriss Déby foi elixido presidente. Goberno e política
Tras a independencia estableceuse un sistema de partido único. A guerra civil de 1979 a 1982 entre o norte e o sur involucrou a tropas de Libia e Francia. En 1975 e 1982 houbo golpes de estado, o último a cargo de Hissène Habré, á súa vez derrubado por Idriss Déby en 1990. En 1992 legalizáronse os partidos políticos. Déby foi elixido presidente en 1996 e tivo que enfrontar unha rebelión dos nómades Toubou, radicados no norte do país. A guerra civil estendeuse durante décadas, alternando períodos de enfrontamentos abertos e de conflitos guerrilleiros. En abril de 2021 o presidente Déby foi asasinado nun destes enfrontamentos. Organización político-administrativa
![]() ![]() O Chad divídese en 18 rexións.
XeografíaO Chad atópase situado na parte máis oriental do deserto do Sáhara, e é unha nación que non ten saída ao mar. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste con Camerún, Níxer e Nixeria, esta última a través do lago Chad. O país conta con dúas zonas ben diferenciadas: a norte atópase dominada polo deserto, atopándose nos puntos máis setentrionais o macizo de Tibesti. O sur é máis chairo e conta con maior vexetación. Hai que sinalar que na metade norte a poboación predominante é a árabe, mentres que no sur predominan as etnias africanas como os sara. Como é lóxico, os principais ríos do país van desde o sur do mesmo cara ao norte, desembocando moitos no lago Chad. Os principais ríos do Chad son o Chari e o Logone. Economía
Demografía![]() Ao ano 2007, o Chad ten unha poboación de 9 885 000 habitantes. A metade concéntrase no sur. No norte só habitan grupos nómades. Os musulmáns son o 50%, o 43% ten crenzas tradicionais e o 7% é cristián. Os idiomas oficiais son o francés e o árabe, aínda que se falan máis de 120 linguas e dialectos. A esperanza de vida é de 47 anos. A media de fillos por muller é de 5,56 unha das taxas máis altas do mundo, o cal provoca un incremento da poboación moi elevado. O 47.5% da poboación está alfabetizada. CulturaNo Chad a relixión con máis crentes é o islam. Os musulmáns supoñen aproximadamente a metade da poboación, e forman un grupo homoxéneo que vive principalmente no norte do país. Pola contra, o resto da poboación, que vive na metade sur do país, é un grupo máis heteroxéneo dentro do cal se poden distinguir dous grandes grupos: os católicos e os seguidores de relixións animistas tradicionais de África. Os primeiros destes últimos supón aproximadamente un 7% da poboación sendo o resto seguidores de relixións animistas tradicionais de África. Festas
Notas
|