Catecismo do labrego
O Catecismo do labrego[1] é unha obra literaria en prosa escrita por Valentín Lamas Carvajal, en colaboración con Arturo Vázquez Núñez,[2] publicada en 1889 baixo o pseudónimo de Frei Marcos da Portela. CaracterísticasComezou a publicarse en 1888 na revista O Tio Marcos d'a Portela e levaba por título Catecismo do Gallego. O ano seguinte, 1889, editouse de xeito independente en El Eco de Orense co título completo de Catecismo da doutrina labrega composto por R. P. M. Fr. Marcos da Portela, Doutor en Teoloxía Campestre.[3] Parodiando o Catecismo de la doctrina cristiana, do padre Gaspar Astete que era, daquela, a obra que se empregaba na catequese en Galicia,[4] un labrego responde ás preguntas que se lle fan e arremete contra o alcalde, o secretario, o cacique e as míseras condicións de vida do mundo rural denunciando a dura vida á que estaban sometidos por culpa do asoballamento destes representantes do poder estatal. Por outra banda, e a diferenza de Manuel Curros Enríquez, non critica a Igrexa.[3] Edicións e traduciónsEdicións en galego![]() Tivo un elevado número de edicións e acadou un enorme éxito popular.[5] En 1967 publicouse na colección O Moucho de Edicións Castrelos, aínda baixo pseudónimo, e en 1968 fixéronse catro reimpresións. Posteriormente o libro apareceu na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia, na Biblioteca de Autores Galegos do Diario 16 de Galicia, na Biblioteca 114 de El Correo Gallego e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia. Traducións
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos |